martes, 8 de marzo de 2022

CONCURSO: "Mulleres que fan historia"

 Como todos os anos, e vós xa ben sabedes, convocamos unha nova edición do Concurso de pistas para investigar sobre mulleres que destacan en mundos que ate non hai moito tempo estaban cheos só de homes.

Este ano, seguindo o Proxecto do noso centro, son mulleres que traballan no mundo do cine.

Animádevos a participar. recollede a ficha na biblioteca, investigade, escribide e entregadea durante esta semana e a próxima. Non esquenzades poñer o voso nome.

Participaredes nun sorteo de agasallos.

Aquí van dúas pistas:



1ª pista: Foi pioneira no mundo da animación facendo siluetas recortadas e animadas.

2ª pista: Galega gañadora dun premio GOYA pola banda sonora dunha película.

E aquí vedes aos primeiros interesados en participar no concurso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario