lunes, 14 de marzo de 2016

Concurso en marcha!

O concurso segue. Este ano batemos récords. Son máis de 120 os participantes no concurso de "Mulleres que fan historia"(Sen contar pais e nais).

domingo, 6 de marzo de 2016

Concurso MULLERES QUE FAN HISTORIA 2015-16

Como todos os anos, coincidindo co Día 8 de marzo, Día internacional da muller traballadora, a Biblioteca do noso colexio propón un concurso de adiviñar o nome de 8 mulleres importantes para a humanidade. este ano, coincidindo co desenvolvemento do noso proxecto, as 8 mulleres pertenecen ao mundo das exploracións. Trátase de grandes e arriscadas aventureiras que fan e fixeron o inimaxinable para que o noso mundo avance. Ánimo, e a participar! Comenzamos o martes día 8. As pistas aparecerán expostas no taboleiro á entrada da biblioteca todos os martes e venres ata completar as 8 mulleres. Podedes recoller as fichas a cumprimentar na biblioteca.

Semana da PRENSA 2016

Do 7 ao 11 de Marzo celébrase a Semana da prensa nas nosas escolas. Na nosa Biblioteca contamos cunha pequena exposición de prensa de diferentes países así como algúns libros relacionados con xornais e xornalistas. A través da Biblioteca tamén podemos conseguir unidades didácticas para traballar a prensa nas aulas.