miércoles, 14 de octubre de 2020

Concurso de Relatos Curtos de Terror

 Como cada ano invitámosvos a participar nunha nova edición do Concurso de Relatos Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do centro en coordinación co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.


Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados, se queredes, dunha ilustración. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas e escritas en galego. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre  terror, medo ou temas que causen asombro. Valorarase que inclúan referencias ao coidado do noso Planeta xa que  é o tema do PDI deste curso para o noso centro.
Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual exclusivamente.
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de dúas carillas de folio de extensión.
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o 16 de novembro de 2020.
Sexta. Os participantes permitirán á organización publicar as súas obras no blog, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Cómpre que xunto coas obras se proporcione a seguinte información:
Titulo do relato:...................
Autor/a/es/as:.......................
Curso e grupo:.....................
Novena. As obras a concurso deberán entregarse ás/os titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.

Que pasedes MOITO MEDO!










 

martes, 13 de octubre de 2020

24 de outubro: Día das Bibliotecas

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

As bibliotecas escolares galegas son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Para conmemorar esta data, un grupo de 6º, concretamente 6ºC, están a preparar unha sorpresa. Verémolo axiña.


viernes, 9 de octubre de 2020

Benvidos e benvidas ao novo curso!

 O curso 2020-21 comezou como un curso especial, pero con moita ilusión e gañas de achegarnos á biblioteca.

Este ano elaboramos un protocolo con normas que temos que cumplir pero a biblioteca segue no mesmo sitio, con  certas modificacións.

Ademais, o cartel deste curso é da ilustradora BEA LEMA, co título "XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.