jueves, 18 de mayo de 2023

lunes, 15 de mayo de 2023

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

 Esta mañá, Vero Rilo deleitou á rapazada de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria cos seus contos.



MERCATROCO

 Como en anos anteriores as nenas e nenos cambiaron os libros que xa non usan nas súas casas por "fontiños" (billetes) e deste xeito poideron intercambiar por outros libros.


Esta actividade, organizada polo noso equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca, foi desenvolvida no día de hoxe dentro do programa de actividades en torno á data das Letras Galegas.


DEPORTE TAMÉN NA BIBLIOTECA

 Dous xogadores do equipo de baloncesto Obradoiro pasaron pola escola e falaron coas nenas e nenos na biblioteca, mesmo asinaron autógrafos.




viernes, 12 de mayo de 2023

O ACIBRO DO XARDÍN DA BIBLIOTECA

 Estamos a acondicionar mellor o xardín interno da biblioteca para aproveitalo o mellor posible. Cando estea rematado veredes o bonito que é.

De momento, quedádevos con esta marabillosaa imaxe do noso acibro. Está cheíño de froitos verdes, que se poñerán vermellos. Ten tantas boliñas que sse augura un frío inverno!



O DÍA DAS NOSAS LETRAS ESTÁ AO CAER!

 Xa estamos a anunciar a nosa semana cultural. 

Durante esa semana faremos varias actividades, xunto do Departamento de Dinamización lingüística, como o MERCATROCO ANUAL ou a GALIÑA AZUL.

Terémosvos indormados/as.







GARDAS FORESTAIS NA BIBLIOTECA

Á nosa escola chegaron os forestais, que na biblioteca impartiron unha charla para os máis cativos.


Un ratiño despois, no patio, descargaron unha motobomba e ensináronnos como facer en caso de lume.
Mesmo meteron o camión e poidemos subir a el!!!



 

CONCERTO DE MIGUELI

 Tamén celebramos concertos na nosa sala de biblioteca. Neste caso, o músico Migueli para o alumnado de Primaria.



CONTACONTOS NA BIBLIOTECA


 O alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu a unha sesión de contacontos con Benxamín, que os deleitoou co seu bote máxico.