sábado, 30 de abril de 2011

LIBROS DE CINE

Esta é unha das actividades programadas no noso cole para conmemorar o DÍA DO LIBRO. A obra   escollida é "O pequeno Nicolás".

Durante a próxima semana os nenos e nenas lerán, xunto cos seus profesores e profesoras, esta preciosa obra de Goscinny, ilustrada por Jean-Jacques Sempé, para, a continuación, ver a película de Laurent Tirard.