jueves, 21 de febrero de 2019

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

Foi un 24 de febreiro, pero de 1837, cando nacía en Santiago a grande Rosalía.

A Rosalía de todas e todos nós!
E no noso colexio tamén o celebramos. 
De varias maneiras, como ela ben merece.

Os nosos traballos de investigación sobre a escritora estarán expostos nos dous puzles de Rosalía, un en E. infantil e outro en E. primaria.





Regalamos poemas dos seus Cantares galegos.




Fixemos un Photocall.


E...por suposto, sopramos as candeas da tarta de aniversario...



lunes, 18 de febrero de 2019

CONTACONTOS: IAGO LÓPEZ

O alumnado de 1º e 2º de Primaria acudiu á biblioteca esta mañá para escoitar os contos de Iago, vestido de cociñeiro, o cociñeiro Martiño.



domingo, 17 de febrero de 2019

TRABALLOS SELECCIONADOS NO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

XORNADA CON HÉCTOR CAJARAVILLE

O martes, 12 de febreiro, o alumnado de 6º do noso colexio fixo unha visita á zona vella da cidade co broche final na libraría Couceiro onde asistiron á presentación do libro KUSUMA, recente premio Merlín de literatura infantil 2018, co seu autor, o compostelán Héctor Cajaraville.

Noraboa a Héctor e moitas grazas por adicarnos o seu tempo. Desexamos que a súa carreira como escritor brille cada vez máis e continúe a ser un dos escritores máis lidos en lingua galega.