sábado, 28 de diciembre de 2019

EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA



As nenas e nenos de 6º asistiron a unha charla na biblioteca sobre Ciencias do Mar. Realizaron experimentos e recibiron recomendacións sobre lecturas interesantes  para ilustrar todo o aprendido.



sábado, 21 de diciembre de 2019

sábado, 14 de diciembre de 2019

jueves, 12 de diciembre de 2019

3 de Decembro: Día das diversas capacidades

A semana do 3 de decembro comenzamosc unha serie de actividades para celebrar dita data. Con actividades tanto nas aulas como na biblioteca: Proxección de curtametraxes de animación, exposición de recursos e intervención de alumnado do colexio que preparou e contou contos aos nenos e nenas: Noa, Antía...


viernes, 6 de diciembre de 2019

RETO LECTOR DO ALUMNADO DE 5º

As nenas e nenos de 5º de Primaria continúan este curso co seu RETO LECTOR que iniciaron o curso pasado. Aquí tedes imaxes dos retos por meses:



Como podedes ver, o reto de outubro foi ler un libro que che apeteza desde hai tempo. O mes de novembro, un libro de máis de 60 páxinas e por decembro, un libro sobre Nadal
Todos os retos son presentados na nosa Biblioteca polo alumnado.

Aqui tedes a tres alumnas no mes de outubro e novembro.
E...os retos continuarán.




sábado, 23 de noviembre de 2019

A HORTA NA BIBLIOTECA

Durante o primeiro trimestre deste curso 2019-20, as nenas e nenos de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria están a desenvolver un proxecto sobre a horta. 

A ANPA realiza, a través das monitoras do proxecto, un labor moi completo tanto na horta do colexio como na Biblioteca do mesmo, con semilleiros, plantacións, observación e clasificación de froitos, hortalizas, sementes...Mesmo cunha froiteiría para poder mercar!

O proxecto, aínda non rematado, desenvolveuse en dúas sesións distintas ao longo do trimestre. Unha sobre froitos e hortalizas e outra sobre froitos secos e cogumelos. Unha parte na horta e outra na Biblioteca.


Podedes ver máis imaxes no blog do proxecto sobre a nosa horta ou no seguinte enlace:

https://hortosdasfontinhas.blogspot.com/

martes, 19 de noviembre de 2019

XORNADA DE BIBLIOTECAS INCLUSIVAS

O venres, 15 de novembro, tivo lugar en Santiago unha cita de moitas das bibliotecas escolares de  Galiza, co título XORNADA DE BIBLIOTECA INCLUSIVA. CIDADANÍA NA DIVERSIDADE.



Con moitas ponencias, exposicións e informacións para achegar ás bibliotecas escolares no referente á diversidade e poder ter unhas bibliotecas inclusivas actualizadas e funcionais.

Que viva o magosto!

No noso colexio, como todos os anos, celebramos o fantástico magosto e participamos en xogos populares como carreira de sacos, encestar castañas ou a pita cega.
Moitos nenos e nenas saíron do colexio un pouquiño tiznados!






miércoles, 30 de octubre de 2019

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Dentro do programa de actividades do mes das bibliotecas está o da lectura dos nenos e nenas maiores aos máis cativos. Aquí tedes  imaxes gráficas.





SAMAÍN, SAMAÍN

O Samaín é unha estupenda festa para as nenas e nenos. O cole encheuse da cabazas decoradas e non saberíamos dicir cal é a que dá máis medo!
Tamén preparamos na biblioteca unha caixa tebrosa que invita a quen se achegue a ela a abrila para levar unha gran sorpresa!!!



A NOSA HORTA

O cole das Fontiñas sigue coa actividade da horta. 
Estes días, por cortesía da ANPA do colexio, o alumnado máis cativo adicouse ás labores do campo e a aprender sobre os produtos do mesmo; produtos moi sans por certo!
As nenas e nenos de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria prantaron sementes, fixeron lista da compra, mercaron e venderon froitos da horta... A biblioteca do centro converteuse nun mercado durante unhas horas.





sábado, 19 de octubre de 2019

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS

Son varias as actividades que están programadas para este mes. Comenzamos buscando libros sobre libros ou bibliotecas e ímolos xuntando na nosa caixa dos tesouros. Aquí tedes algúns, pero podedes buscar máis...





Produtos de outono

Xa están expostos, como todos os anos, os productos propios destas datas que ides traendo pouco a pouco acompñados dunha serie de recursos para saber máis deles.


martes, 8 de octubre de 2019

VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR


Como cada ano invitámosvos a participar nunha nova edición do Concurso de Relatos Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do centro en coordinación co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados se queredes dunha ilustración. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas e escritas en galego. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre  terror, medo ou temas que causen asombro. Valorarase que inclúan referencias ao coidado do noso Planeta xa que  é o tema do PDI deste curso para o noso centro.
Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual ou en  parella.
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de dúas carillas de folio de extensión.
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o 15 de novembro de 2019
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Compre que xunto coas obras se proporcione a seguinte información:
Titulo do relato:...................
Autor/a/es/as:.......................
Curso e grupo:.....................
Novena. As obras a concurso deberán entregarse ás titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.


 Resultado de imaxes para dibujos libres hallowin

jueves, 3 de octubre de 2019

COMENZO DE CURSO: 2019-20

Benvidos e benvidas ao novo curso!!!

Xa hai uns días que o curso empezou e a NOSA BIBLIOTECA xa está en activo. Con estupendas actividades que enchen e encherán os próximos meses.



Unha representación da Escola Municipal de Música visitounos e, para abrir o curso,  deleitounos cun concerto didáctico para o alumnado de 4º e 5º de Primaria.

O título do espectáculo, que inclúe a lectura de textos por parte de varios nenos, é A MARCHA POLO PLANETA, para introducirnos no Proxecto Documental  Integrado que desenvolveremos durante este curso.

viernes, 21 de junio de 2019

MADRIÑAS E PADRIÑOS




Como no mes de outubro, repetimos esta actividade tan motivadora e  divertida para grandes e pequenos. As maddriñas e os padriños leron contos a afilladas e afillados.

BOLSAS PERSONALIZADAS

Aproveitando que está de moda personalizar as nosas cousas, en 4º C a profesora decorou as bolsas para os libros cun precioso debuxo e un gran lema...



lunes, 27 de mayo de 2019

MÁIS CONTACONTOS


Seguimos cos contos na nosa bilioteca. A pasada semana, contos para E. Infantil, con monicreques, cancións e preciosos libros para desfrutar!

viernes, 17 de mayo de 2019

A GALIÑA AZUL

Un ano máis a nosa galiña sae do galiñeiro para para buscar a palabra gañadora entre todas as propostas, esta vez polos seus pitiños.

Cal será a gañadora? Verémolo pronto.



QUINCENA CULTURAL

Seguindo coa quincena cultural, chea de actividades, referímosvos dúas celebradas en vésperas da do 17 de maio. Aquí tedes  o noso Mercado de libros, organizado polo EDNL, coa colaboración de todos os nenos e nenas e o profesorado do colexio.




AS LETRAS GALEGAS


Antonio Fraguas, como representante das nosas letras deste ano, está presente en distintos traballos recollidos polo equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do colexio. Este equipo, xunto coa biblioteca coordinan distintas actividades en relación coa figura do recoñecido escritor, antropólogo e etnógrafo.

jueves, 9 de mayo de 2019

QUINCENA CULTURAL DA LINGUA E A CULTURA GALEGAS

Estase a desenvolver no colexio, e por suposto na biblioteca, unha programación de actividades, en colaboración co equipo de Dinamización lingüística e o resto dos equipos didácticos do centro.

Aquí tedes unha mostra dalgunhas delas, que continuarán o resto da semana e a próxima, aproveitando as datas en torno ao 17 de maio, Día importante das nosas letras.



XERARDO ESTÉVEZ NA BIBLIOTECA

Seguindo coa axenda de actividades programadas polo profesorado e a ANPA  para conmemorar o XXV aniversario do noso colexio, tivemos a honra de recibir esta mañá a D. Xerardo Estévez na nosa biblioteca, quen conversou cun bo número de nenas e nenos sobre a evolución da cidade de Santiago, como xoia do noso patrimonio, e sobre a construcción do barrio das Fontiñas.

Intentou sobre todo, concienciar ao alumnado da importancia de conservar o patrimonio e de facelo ben para que poidamos estar orgullosos do que temos.

Moitas grazas por todo!





domingo, 5 de mayo de 2019

RECUNCHOS FAVORITOS

Aproveitando o bo tempo primaveral saímos ao xardín e queremos darvos envexa. Aquí tedes algunhas imaxes dos recunchos preferidos dos usuarios e usuarias da nosa Biblioteca.




O NOSO PATRIMONIO EN LIBROS

Estamos a encher pouco a pouco un moble cos recursos sobre o tema do PDI deste curso , O Noso Patrimonio, para poñelos a disposición de  toda a comunidade educativa.


miércoles, 24 de abril de 2019

Sorteo do concurso MULLERES QUE FAN HISTORIA

Dentro das actividades desta semana do Libro estamos a realizar os sorteos de premios entre os participantes no concurso Mulleres que fan historia.
Moita sorte a todas e todos!!!

23 de abril: DÍA MUNDIAL DO LIBRO




Con este precioso poema, a escritora  MARILAR ALEIXANDRE recórdanos o marabilloso que é ler. Moitas grazas Marilar.

Esta semana estamos a conmemorar a festa dos libros.  Xunto á porta de entrada da biblioteca podedes ver dúas famosas personaxes que nolo recordan. Tamén podedes desfrutar dunha exposición de libros sobre libros para todas as idades e de todos os xéneros. Achegádevos a eles!!!


Recordamos que dentro da Quincena Cultural programada para o mes de maio levaremos a cabo un montón de actividades relacionadas coa biblioteca, a lectura, a escritura, a creación, a investigación...
Ídevos preparando!