jueves, 30 de noviembre de 2017

25 de outubro: Día contra a violencia de xénero

O pasado venres celebramos no colexio un acto para decir NON á violencia de xénero. Desde entón temos declarados todos e cada un dos espazos do noso centro como lugares LIBRES DE VIOLENCIAS MACHISTAS. A nosa BIBLIOTECA, por suposto, está incluida e así seguirá sendo.


jueves, 16 de noviembre de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

O pasado mes de outubro celebramos o Día das Bibliotecas. Na semana do 24 dese mes pedímosvos que nos enviárades fotos familiares vosas en distintas bibliotecas. Pois ben, recibimos un aluvión de fotos preciosas coas que fixemos un estupendo vídeo!




MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS!

viernes, 10 de noviembre de 2017

MAGOSTO!


A Biblioteca tamén se utiliza en días de celebración. Así, despois de comer as castañas do noso magosto podemos visitar a biblioteca e escoller un libro.

jueves, 2 de noviembre de 2017

MARIAMANTA!!!!!!

Na porta da biblioteca está agardando MARIAMANTA, un persoaxe da mitoloxía Galega  cun gran papo que vai envolta nunha manta na que pode agachar algún neno ou nena...

Seguide investigando!



Ao seu carón tedes unha pequena mostra de LIBROS DE MEDO, como todos os anos para que se vos poñan os pelos de punta!!!!

E...un libro aberto para saber máis!