martes, 31 de mayo de 2022

FIN DE CURSO PARA AS MOXILAS VIAXEIRAS


As nosas mochilas viaxaron un curso máis aos fogares das nenas e nenos. Agora toca que descansen... ata o próximo curso, claro!

 

jueves, 26 de mayo de 2022

MÁIS CONCIENCIA PARA SALVAR O PLANETA

Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias da nosa escola coordinou unha actividade desenvolvida durante esta semana na nosa biblioteca.


Unha actividade titulada A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, para tomar conciencia do serio problema que supón para o medio a "invasión" de moitas plantas que veñen de fóra das nosas fronteiras.

O alumnado de 5º e 6º tomou boa nota de todo e mesmo participou en xogos a fin de  reflexionar sobre este importante problema.

Unha vez máis...coidemos o noso planeta xa que...NON HAI PLANETA  B!!!


No blog do PDI  O Planeta é a nosa casa, podedes ver un vídeo coas imaxes da actividade.

AS NOSAS POESÍAS-PAXARO

 




lunes, 23 de mayo de 2022

ASÍ SE FAI...

 

Mirade como se fai. Unha nena e un neno de E. Infantil nolo explican... en tres pasos:




E... xa están aquí as nosas mans con poesías.


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Traballos en torno á figura de Florencio Delgado Gurriarán


A poesía nas nosas mans. Poemas de Florencio nas mans de todos os nenos e nenas do noso colexio







sábado, 21 de mayo de 2022

MERCATROCO DE LIBROS

Esta semana fomos todos e todas ao mercado! Os equipos de Dinamización da Lingua e Biblioteca organizaron  un mercado de cambio de libros, con varios postos para todas as idades.

Todo isto para festexar, dentro da nosa semana cultural, a importancia dos libros e das letras.

Un éxito de mercatroco!












martes, 17 de mayo de 2022

OS MAIOS



Con talleres utilizando plantas e flores desfrutaron as nenas e nenos de Infantil das cores e olores da primavera.

 

FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!

 





Florencio Delgado Gurriarán, poeta ao que se adica este ano o Día das Letras galegas.


A poesía nas nosas mans!






SEMANA CULTURAL

 


Os Bolechas anuncian a nosa semana das letras galegas. Todas e todos estamos de noraboa!

AGARDANDO OS OVOS


 A nosa galiña azul xa está agardando polos ovos!

Os ovos teñen palabras fermosas escritas en galego.

Veremos cal é a elixida este curso.

sábado, 14 de mayo de 2022

MERCATROCO


 

Xa están preparados os cartos, billetes chamados "Fontiños", para intercambiar por libros que traemos das nosas casas. É unha actividade na que teremos un mercado de libros para intercambiar.

viernes, 13 de mayo de 2022

PREPARACIÓN DA SEMANA CULTURAL

 Xa estamos a preparar a nosa semana cultural, que terá lugar do 16 ao 20 de maio, con actividades e talleres, exposición de traballos do alumnado, conmemoracións, un concurso, un mercadillo...

Conmemoraremos o día das Nosas Letras, a poesía, o día dos libros...

Os equipos de Dinamización lingüística e Biblioteca traballan cóbado con cóbado para que resulte productiva para toda a comunidade educativa.






miércoles, 11 de mayo de 2022

EXPRESIÓN NA BIBLIOTECA

 A biblioteca tamén supón un lugar axeitado para expresarse artísticamente. Aquí vemos ás nenas e nenos de 4 anos en plena faena artística.






TEATRO

 O teatro está presente na nosa escola durante todo o curso, en todos os niveis.

É unha actividade sempre motivadora e que favorece as aprendizaxes. Podemos ver aquí exemplos:

A clase de lingua inglesa, neste caso do nivel de 2º de Primaria, representou a obra The three goats and the Griffin.





sábado, 7 de mayo de 2022

OUTRA VISITA Á LUDOTECA

 A rapazada de Infantil de 5 anos da nosa escola visitou a Ludoteca do barrio, o Espazo educativo e de lecer María Miramontes. Aquí podedes ver algunhas imaxes, que falan por sí soas.





jueves, 5 de mayo de 2022

TOUPICIENCIA

 Toupiciencia é o título da representación celebrada na biblioteca no día de onte, á que asistiron as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria. 

A representación combinou monicreques, teatro, ciencia, humor...

Aquí vedes uns momentos