sábado, 29 de octubre de 2022

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

 No patio e na biblioteca do colexio, as nenas e nenos de 4º de Primaria participaron nunha coreografía TERRORÍFICA!!!, con banda sonora da película "A familia Adams".

Daban moito medo!




miércoles, 26 de octubre de 2022

MADRIÑAS E PADRIÑOS

 Ao longo desta semana o alumnado de Primaria está a ler contos aos máis pequenos. Todo iso dentro do programa de actividades para conmemorar o mes das bibliotecas.

Retomamos pois, unha actividade que tanto prace ás nenas e nenos, xa que en cursos anteriores non puido ser levada a cabo.

Nestas imaxes e vídeos podedes ver o que desfrutaron nenas e nenos. 



As madriñas e padriños foron ao edificio de E. infantil buscar a nenas e nenos para lles contaren contos na biblioteca e outras dependencias do centro.

















sábado, 15 de octubre de 2022

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 


ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, é o lema escollido por Bibliotecas escolares de Galicia para o novo curso.

Preme no cartel para ler toda a información.

viernes, 7 de octubre de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS 2022

 



A VII edición do Día das escritoras celébrase este ano o 17 de outubro.

Ten como lema "Antes, durante e despois das guerras". Preme nel e atoparedes mçais información (Blog de Bibliotecas Escolares de  Galicia)

Aquí tedes algúns traballos das nosas escritoras máis novas:






domingo, 2 de octubre de 2022

BOLSAS E MOCHILAS


 

Estanse a preparar as bolsas de préstamo para o alumnado máis cativo e as mochilas viaxeiras, tanto para Infantil como para Primaria.

Moi pronto chegarán aos fogares!

NOVO CURSO: 2022-2023

 BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BIBLIOTECA!

Un curso máis, a nosa biblioteca comeza as actividades. Agardámosvos nela como todos os anos. Xa está aberta e funcionando a toda máquina!