lunes, 30 de enero de 2023

30 de xaneiro: DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

Cun acto colectivo no patio do colexio celebramos hoxe esta especial data.

Xa hai varios días que estamos a preparar as actividades que nos recordan e desexan a paz no mundo, como un dereito e unha necesidade.

A biblioteca participa, xunto co resto dos equipos nesta conmemoración.


Aquí está o noso recuncho de libros de Paz


sábado, 21 de enero de 2023

VISITAS GUIADAS

 




Esta semana o alumnado de 1º de Primaria estivo na nosa Biblioteca nunha visita guiada, cumprindo así con esta actividade iniciada no primeiro trimestre.

miércoles, 4 de enero de 2023

POSTAIS DE NADAL SOLIDARIAS

Un grupo de alumnos e alumnas do noso centro, os que cursan relixión Evanxélica, realizaron unhas preciosas felicitacións de Nadal e enviáronas á Residencia da 3ª idade de Campolongo, en Pontevedra.

As avoas e os avós deste lugar recibiron as postais con ledicia! Eso sí, traballo non lles faltou, para poder ler todas as palabras que nenos e nenas de moitas partes lles adicaron. 

Mirade que cantidade de postais!