domingo, 17 de febrero de 2019

XORNADA CON HÉCTOR CAJARAVILLE

O martes, 12 de febreiro, o alumnado de 6º do noso colexio fixo unha visita á zona vella da cidade co broche final na libraría Couceiro onde asistiron á presentación do libro KUSUMA, recente premio Merlín de literatura infantil 2018, co seu autor, o compostelán Héctor Cajaraville.

Noraboa a Héctor e moitas grazas por adicarnos o seu tempo. Desexamos que a súa carreira como escritor brille cada vez máis e continúe a ser un dos escritores máis lidos en lingua galega.



No hay comentarios:

Publicar un comentario