viernes, 2 de marzo de 2018

NOVA EDICIÓN DO CONCURSO: MULLERES QUE FAN HISTORIA




Como en anos anteriores, en torno á data do 8 de marzo, propoñemos desde a biblioteca do centro un concurso para adiviñar o nome dalgunhas mulleres destacadas na historia e no mundo actual.

Este curso, o tema escollido xira en torno ao noso proxecto documental titulado como sabedes: Da horta á cociña.

O próximo martes, día 6 de marzo, aparecerá a 1ª imaxe e a 1ª pista para adiviñar o nome dunha muller importante no tema escollido. 

No taboleiro da biblioteca está exposto o cartel anunciador do concurso que contén as bases do mesmo.

Alí  poderedes recoller a ficha para participar e informarvos das dúbidas que poidades ter.

Ánimo e a concursar!






No hay comentarios:

Publicar un comentario