Dende a nosa Biblioteca queremos desexarvos un Bo Nadal e o mellor para o ano que comenza.
Moitas lecturas interesantes e tamén moitas ganas de aprender e desfrutar!
Dende a nosa Biblioteca queremos desexarvos un Bo Nadal e o mellor para o ano que comenza.
Moitas lecturas interesantes e tamén moitas ganas de aprender e desfrutar!
Neste 1º trimestre estivemos a facer varias visitas guiadas á nosa biblioteca, con información e xogos para buscar libros. Aquí tedes algunhas imaxes.
Durante esta semana, a biblioteca converteuse nun laboratorio para desfrutar de experiencias marabillosas e divertidas, recordando coñecementos e aprendendo outros novos.
Aquí tedes algunhas imaxes.
A "Hora de ler" é un bo momento para desfrutar de todo tipo de lecturas.
Aquí están de novo, alumnos e alumnas de 3º co xornal.
O alumnado de 3º aprendeu a interpretar mapas, e así nolo demostra cun xogo no que debe buscar un tesouro no patio da escola.
As castañas non faltaron na nosa escola. Feitas ao lume !
Aquí tedes un pequeno vídeo do noso magosto.
Invitámosvos a participar na décima edición do Concurso de Relatos Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do colexio en coordinación co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Durante este mes de outubro realizaremos varias actividades na biblioteca para sinalar a importancia das mesmas. Mesmo Mafalda o sabe!
O 18 de outubro deste ano celebramos o Día das escritoras. Cada ano, o luns máis próximo ao día 15, celebramos este día para visualizar as obras das mulleres na literatura e recuperar o seu legado na historia.
Xa estamos nun novo curso e a nosa biblioteca comenza a funcionar. Aquí vos agardamos!
Que mellor despedida que recordar a Rosalía. As nenas e nenos de 3º B ilustraron e puxeron voz a un dos seus poemas máis loados.
Xa nos últimos días do curso, aquí tedes as imaxes da nosa biblioteca.
Un saúdo a todas e todos e...ata o próximo!
As historias gañadoras do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa poden lerse no volume dixital dispoñible na sección de publicacións de academia.gal e en relatos.gal.
Os contos foron elixidos entre preto de 1600.
Na nosa escola estamos de noraboa grazas á nosa alumna Carmen Mendaña, que levou un maravilloso premio.
Moitos parabéns a esta prometedora escritora!!!!
(Non esquenzades ler o relato de Carmen descargándoo na ligazón sinalada arriba nesta entrada)
Ademáis do proxecto da entrada anterior, baseado no libro "León de Biblioteca", no noso colexio traballamos todo o ano con recursos bibliográficos moi interesantes. Aquí tedes algúns exemplos de proxectos realizados a partir de libros.
Durante a nosa quincena cultural as nenas e nenos de 6º C gravaron e montaron un vídeo dunha obra de teatro que ensaiaron e puxeron en práctica baseada no conto "León de biblioteca" de M. Knudsen, logo de ser adaptada pola súa profesora Olga.
Desfrutade desta preciosa posta en escena!
Ao longo do curso as nosas familias participaron nas distintas propostas que desde os diferentes equipos da escola se lles foron propoñendo.
Aquí podedes ver un exemplo. Desde o Equipo de EDLG animouse ás familias a enviar fotografías do noso outono, que formaron este precioso vídeo:
Todas e todos colaboramos neste precioso Maio, elaborado dentro da nosa semana cultural. O alumnado de E. Infantil colgou os seus "minimaios" no patio interior.
Dentro da semana cultural, coincidindo con datas próximas ao 17 de maio, a nosa galiña sae do seu niño e colócase no recibidor da escola para que nenos e nenas lle pinten os ovos cunha palabra fermosa en galego. A ver cal gaña este ano!
Durante estas dúas semanas estamos a realizar na nosa escola unha serie de actividades, xunto co Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística, dos que iremos amosando imaxes nos próximos días: Uns maios, unha galiña azul cheíña de ovos, unha gran poeta das nosas letras...
Aquí tedes os traballos das nosas nenas e nenos.
Na nosa escola sumámonos á celebración mundial desta data, realizando traballos sobre libros e expoñendo a nosa interpretación dos mesmos.
Pensemos nos nosos libros favoritos e deixemos voar a imaxinación!
Feliz día!
Para conmemorar tan importante data no noso colexio estanse a realizar distintas actividades. Aquí veremos algunhas delas.
Na nosa cesta de libros están seleccionados moitos que nos servirán para aprender cousas interesantes sobre mulleres que fixeron historia e que moitas veces non foron recoñecidas. Tamén podemos desfrutar coas lecturas de ficción que teñen a mulleres e nenas como protagonistas.
Como todos os anos, o noso concurso de investigación sobre mulleres destacadas na historia está xa en marcha. Aquí tedes as bases para participar:
Os días 5 e 8 de marzo aparecerán no taboleiro da biblioteca unha imaxe e unha pista sobre dúas mulleres (unha cada día).
Poderedes investigar de quen se trata e escribilo nunha ficha que vos facilitará a/o vosa mestra/e.
Logo, entregarédeslla á/o mestra/e cos nomesdas mulleres.
Todo o alumnado que entregue a ficha participará nun sorteo de agasallos.
Este ano propoñemos dúas mulleres. A primeira delas unha científica á que non lle foron recoñecidos os seus descubrementos ata moito tempo despois de morrer. A segunda, unha muller do campo sanitario que tamén viviu nunha época na que as mulleres non formaban parte dun mundo reservado só a homes.
Hoxe recordamos en toda Galiza á nosa dama das letras, Rosalía de Castro. A mesma Rosalía agardábanos esta mañá na porta do colexio para agasallar cun poema aos pais e nais do alumnado. Moitas grazas, Rosalía!
Como todos os anos, un grupo de alumnos e alumnas de 6º de Primaria acuden á nosa biblioteca para axudar e aprender. Podedes velos aquí en "acción".