Hoxe recordamos en toda Galiza á nosa dama das letras, Rosalía de Castro. A mesma Rosalía agardábanos esta mañá na porta do colexio para agasallar cun poema aos pais e nais do alumnado. Moitas grazas, Rosalía!
Desde a biblioteca do colexio rendémoslle homenaxe con varias actividades:
lectura de poemas, collages e mesmo vídeos. A continuación veredes os dos nenos e nenas de E. Infantil.
E outros que recollen alumnado e profesorado do centro recitando en varias linguas sentidos poemas da autora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario