sábado, 6 de marzo de 2021

Concurso: MULLERES QUE FAN HISTORIA

Como todos os anos, o noso concurso de investigación sobre mulleres destacadas na historia está xa en marcha. Aquí tedes as bases para participar:

Os días 5 e 8 de marzo aparecerán no taboleiro da biblioteca unha imaxe e unha pista sobre dúas mulleres (unha cada día).

Poderedes investigar de quen se trata e escribilo nunha ficha que vos facilitará a/o vosa mestra/e.

Logo, entregarédeslla á/o mestra/e cos nomesdas mulleres.

Todo o alumnado que entregue a ficha participará nun sorteo de agasallos.


Este ano propoñemos dúas mulleres. A primeira delas unha científica á que non lle foron recoñecidos os seus descubrementos ata moito tempo despois de morrer. A segunda, unha muller do campo sanitario que tamén viviu nunha época na que as mulleres non formaban parte dun mundo reservado só a homes.

Nenos e nenas! Buscade a partir das pistas que imos dando! 

Pista1: Descubrín o abrigo do Planeta Terra con experimentos feitos en 1856.

Pista 2: Fun a primeira enfermeira en misión internacional.





Participantes: 95 , que participarán nun sorteo de premios.









No hay comentarios:

Publicar un comentario