jueves, 28 de octubre de 2021

X EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR


Invitámosvos a participar na décima edición do Concurso de Relatos Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do colexio en coordinación co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.


Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados, se queredes, dunha ilustración. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas, escritas en galego, con temática sobre  terror, medo ou temas que causen asombro. Valorarase que inclúan referencias ao Proxecto Documental deste ano no noso colexio, que tratará sobre o cine.
Segunda. Os traballos serán individuais exclusivamente.
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de dúas carillas de folio de extensión.
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o 19 de novembro de 2021.
Sexta. Os participantes permitirán á organización publicar as súas obras no blog, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Cómpre que xunto coas obras se proporcione a seguinte información:
Titulo do relato: ...................
Autor/a: .......................
Curso e grupo: .....................
Novena. As obras a concurso deberán entregarse ás/os titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.

Que pasedes MOITO MEDO!  


No hay comentarios:

Publicar un comentario