miércoles, 8 de marzo de 2023
CONCURSO: MULLERES QUE FAN HISTORIA
8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Unha data importante para celebrar, que conmemora cada 8 de marzo como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. É unha data recoñecida pola ONU.
Na nosa escola a comunidade educativa levou a caabo unha serie de actividades para tal fin. Aquí tedes algunha:
No corredor do colexio podedes atopar unha boa cantidade de libros relacionados coa importante data.
miércoles, 1 de marzo de 2023
COLABORADORAS E COLABORADORES
lunes, 27 de febrero de 2023
QUE DIRÍA ROSALÍA?
Nenas e nenos da nosa escola están a preparar traballos sobre a guerra de Ucraína dende unha visión moi persoal, poñéndose na pel de Rosalía de Castro, como se ela mesma vivira no presente. Con este título, Que diría Rosalía, están a saír dos lapis dos creadores e creadoras, maravillosos escritos para condear a guerra. Ditos traballos iranse expoñendo e publicando.
Esta actividade foi proposta polo Departamento de Dinamización Lingüística da escola coa colaboración da Biblioteca.
jueves, 23 de febrero de 2023
23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA
sábado, 18 de febrero de 2023
VIVA O ANTROIDO!
Cun espectacular desfile polo barrio, a comunidade educativa do noso colexio celebra o seu particular Entroido, adicado este curso á banda deseñada, tema do noso proxecto documental.
Disfraces de cómic clásico como Superman, Astérix, Os Pitufos... mesturáronse con outros máis cercanos no tempo como Narval ou os Bolechas.
Festa rachada!
sábado, 11 de febrero de 2023
11 de FEBREIRO: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Con motivo desta data celebráronse na Biblioteca do Centro dúas actividades e obradoiros:
- Una delas para as nenas e nenos de 4º de Primaria, a cargo de mulleres de Ciencia da nosa terra: "Unha enxeñeira ou científica en cada cole". Todo organizado pola USC e o Concello de Santiago para dar visibilidade ás mulleres nos distintos campos científicos.
A continuación podedes ver o cartel anunciador da actividade así como un pequeno vídeo do alumnado de 4º de primaria que asistiu ao obradoiro: (Premede no título para ter máis información sobre a interesante actividade).
UNHA ENXEÑEIRA OU CIENTÍFICA EN CADA COLE
- O outro obradoiro para alumnado de 5º e 6º de Primaria, sobre os minerais, tamén a cargo de científicos e científicas da USC, que recordaron previamente a importancia das mulleres nos campos científicos: (Premede na imaxe seguinte para ter máis información no blog da RIAIDT (Área De Infraestructuras De Investigación Da USC) e veredes que interesantes actividades propoñen):
















