miércoles, 8 de marzo de 2023

CONCURSO: MULLERES QUE FAN HISTORIA

Como en anos anteriores, iniciamos na data de hoxe, 8 de marzo, o concurso de pistas para descubrir cal é o nome de certas mulleres que están no máis alto grazas á súa valía e esforzo, moitas veces nun mundo tradicionalmente copado polos homes.

Este ano non é unha excepción. As mulleres seleccionadas polo equipo de Biblioteca destacan ou destacaron no campo da ilustración e a banda deseñada, tema do Proxecto documental deste curso para toda a escola. Unha ilustradora consolidada (recentemente  falecida) e recordada por xeneracións anteriores, e outra actual e galega que está no cume do seu campo artístico.

Alumnas e alumnos de 1º de EP consultando a pista coa súa mestra.


As pistas estarán expostas na entrada da Biblioteca para que as poidades ler e investigar de que mulleres se trata. Todos os/as participantes entrarán nun sorteo que se celebrará nos días seguintes a rematar o prazo de entrega das fichas cos nomes das dúas artistas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario