Unha data importante para celebrar, que conmemora cada 8 de marzo como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. É unha data recoñecida pola ONU.
Na nosa escola a comunidade educativa levou a caabo unha serie de actividades para tal fin. Aquí tedes algunha:
O alumnado de 4ª de Primaria leu na Biblioteca, ao alumnado de 1º e 2º, o marabilloso conto "Artur e Clementina", de Adela Turin, que reivindica o papel da muller na sociedade.
No corredor do colexio podedes atopar unha boa cantidade de libros relacionados coa importante data.
No hay comentarios:
Publicar un comentario