O luns 27 de marzo conmemoramos o Día do teatro. Como cada ano recordamos que este xénero pode ser lido ou interpretado e por eso poñemos na biblioteca unha selección de obras teatrais diversas para iniciarse neste marabilloso mundo.
domingo, 26 de marzo de 2023
VISITA Á BIBLIOTECA
O pasado venres, 24 de marzo visitou a nosa biblioteca o ilustrador e autor de banda deseñada FON.
Alí impartiu ao alumnado de 2º de Primaria un obradoiro sobre o seu traballo. Ensinounos cousas tan interesantes como que co debuxo de dúas patacas podemos facer moitas caricaturas.
Un pracer, querido Fon!
lunes, 20 de marzo de 2023
CHEGOU A PRIMAVERA
Cambiamos de estación e a primavera chega con sol e boas temperaturas.
No xardín da nosa biblioteca xa veñen os paxaros a comer. Á nosa compañeira Cali non lle esquecen os paxariños e por iso repón con frecuencia o seu comedeiro.
21 de marzo: DÍA MUNDIAL DA POESÍA
CONCURSO
O concurso sobre "Mulleres que fan historia" está a piques de rematar. Se non entregastes os vosos cuestionarios, facédeo o máis rápido posible, durante esta semana. Xa sabedes que as e os participantes entraredes nun sorteo de regalos.
17 de marzo: DÍA DO CÓMIC
O venres, día 17 de marzo celebramos o día do cómic. Como o proxecto da escola para este curso xira en torno a este tema, xa somos expertos e expertas no mundo da banda deseñada.
lunes, 13 de marzo de 2023
CONFERENCIAS NA BIBLIOTECA
Estes días podemos asistir a catro charlas na biblioteca dirixidas a nais, pais e profesorado do centro sobre as adicións, especialmente nos máis xóvenes.
A primeira, sobre adicións a tabaco, alcol e bebidas enerxéticas. A segunda, a dispositivos móviles, redes sociais e videoxogos. Na terceira e cuarta, pautas para poder enfrontalas.
Unhas charlas moi interesantes impartidas por unha profesional da saúde, de prevención de condutas aditivas e organizadas a través da ANPA da nosa escola.
MALETA VIAXEIRA
Xa está na nosa biblioteca a maleta viaxeira coa temática de banda deseñada.
Trátase dun bo número de exemplares neste xénero para todas as idades. Así que desde fai uns días as nosas nenas e nenos desfrutan de novas lecturas que percorren os colexios da nosa xeografía.
miércoles, 8 de marzo de 2023
CONCURSO: MULLERES QUE FAN HISTORIA
8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Unha data importante para celebrar, que conmemora cada 8 de marzo como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade. É unha data recoñecida pola ONU.
Na nosa escola a comunidade educativa levou a caabo unha serie de actividades para tal fin. Aquí tedes algunha:
No corredor do colexio podedes atopar unha boa cantidade de libros relacionados coa importante data.