Invitámosvos a participar na décima edición do Concurso de Relatos Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do colexio en coordinación co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
jueves, 28 de octubre de 2021
X EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR
Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados, se queredes, dunha ilustración. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas, escritas en galego, con temática sobre terror, medo ou temas que causen asombro. Valorarase que inclúan referencias ao Proxecto Documental deste ano no noso colexio, que tratará sobre o cine.
Segunda. Os traballos serán individuais exclusivamente.
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de dúas carillas de folio de extensión.
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o 19 de novembro de 2021.
Sexta. Os participantes permitirán á organización publicar as súas obras no blog, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Cómpre que xunto coas obras se proporcione a seguinte información:
Titulo do relato: ...................
Autor/a: .......................
Curso e grupo: .....................
Novena. As obras a concurso deberán entregarse ás/os titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.
martes, 19 de octubre de 2021
OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS
Durante este mes de outubro realizaremos varias actividades na biblioteca para sinalar a importancia das mesmas. Mesmo Mafalda o sabe!
18 de Outubro: DÍA DAS ESCRITORAS
O 18 de outubro deste ano celebramos o Día das escritoras. Cada ano, o luns máis próximo ao día 15, celebramos este día para visualizar as obras das mulleres na literatura e recuperar o seu legado na historia.
ALUMNADO VOLUNTARIO
Xa están traballando as nenas e nenos de 6º que realizan labores de voluntariado na nosa biblioteca. Son 5 pequenos grupos que axudan a organizar os recursos ao tempo que aprenden as tarefas e funcións dentro da biblioteca.
COMENZA O CURSO 2021/22
Xa estamos nun novo curso e a nosa biblioteca comenza a funcionar. Aquí vos agardamos!
jueves, 17 de junio de 2021
A MELLOR DESPEDIDA
Que mellor despedida que recordar a Rosalía. As nenas e nenos de 3º B ilustraron e puxeron voz a un dos seus poemas máis loados.
miércoles, 16 de junio de 2021
DESPEDIDA DE CURSO
Xa nos últimos días do curso, aquí tedes as imaxes da nosa biblioteca.
Un saúdo a todas e todos e...ata o próximo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






