martes, 13 de octubre de 2020

24 de outubro: Día das Bibliotecas

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

As bibliotecas escolares galegas son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Para conmemorar esta data, un grupo de 6º, concretamente 6ºC, están a preparar unha sorpresa. Verémolo axiña.


viernes, 9 de octubre de 2020

Benvidos e benvidas ao novo curso!

 O curso 2020-21 comezou como un curso especial, pero con moita ilusión e gañas de achegarnos á biblioteca.

Este ano elaboramos un protocolo con normas que temos que cumplir pero a biblioteca segue no mesmo sitio, con  certas modificacións.

Ademais, o cartel deste curso é da ilustradora BEA LEMA, co título "XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.







lunes, 15 de junio de 2020

AS NENAS E OS NENOS AMAN O MAR



As nenas e os nenos de 6º de E. Infantil traballaron duramente para buscar información e empaparse de noticias sobre os nosos mares e a importancia de coidalos. Buscade no blog do PDI "O Planeta é a nosa casa" e veredes que fermosa presentación. Non vola podedes perder!

lunes, 8 de junio de 2020

8 de Xuño: Día Mundial dos Océanos


Hoxe, data tan sinalada, esta imaxe reflexa a realidade diaria dos océanos:


                                       Aínda que nós queremos que sexa esta outra:


Desde aquí queremos invitarvos a compartir neste blog reflexións e frases sentidas sobre o coidado dos nosos mares, praias e costas. Agardamos a vossa participación!

As reflexións recibidas serán publicadas no noso blog "Oplanetaeanosacasa"

martes, 2 de junio de 2020

Premios do Reto Lector de 5º



Este é o premio para o alumnado de 5º que participou este ano no RETO LECTOR, do que xa demos conta en datas anteriores e que  por segundo ano consecutivo leva aos nenos e nenas a ler os seus libros favoritos a través dun reto mensual.
Trátase dunha bolsa para gardar as mascarillas cun fermoso debuxo dunha árbore e un fragmento dunha canción, lembrando o proxecto documental integrado que desenvolvemos durante este curso no noso colexio: "O Planeta é a nosa casa".
Noraboa a todos e todas por participar neste precioso reto.

sábado, 30 de mayo de 2020

Radio en Fontiñas

Radio Fontiñas
A nosa radio escolar comenza a súa andadura. O primeiro programa xa está preparado. 
Verémola medrar moi axiña!


A Radio Fontiñas, coas voces dos membros da comunidade educativa que queiran participar para saber que, aínda estando nas nosas casas, podemos estar xuntos.


jueves, 14 de mayo de 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como ben sabedes, este 17 do mes de maio celebramos o día das Nosas Letras.
A figura de Ricardo Carvalho Calero é a homenaxeada nesta edición.

Podedes buscar información sobre dita figura en varias fontes especificadas no seguinte enlace que vos leva ao blog de Bibiotecas Escolares de Galicia.

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1316

Pola nosa parte, o alumnado de 5ºB preparou un fermoso vídeo para conmemorar esta esta figura das nosas letras. Podedes velo na páxina web do cole, no seguinte enlace: