martes, 13 de octubre de 2020

24 de outubro: Día das Bibliotecas

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

As bibliotecas escolares galegas son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Para conmemorar esta data, un grupo de 6º, concretamente 6ºC, están a preparar unha sorpresa. Verémolo axiña.


No hay comentarios:

Publicar un comentario