sábado, 27 de marzo de 2021
domingo, 21 de marzo de 2021
21 de marzo: Día mundial da poesía
Hoxe, domingo 21 de marzo, celebramos o DÍA DA POESÍA. Na nosa escola xa levamos uns días lendo e traballando con poesías.
viernes, 19 de marzo de 2021
Alumnado de 6º na biblioteca
sábado, 6 de marzo de 2021
8 de marzo: DÍA MUNDIAL DAS MULLERES
Para conmemorar tan importante data no noso colexio estanse a realizar distintas actividades. Aquí veremos algunhas delas.
Na nosa cesta de libros están seleccionados moitos que nos servirán para aprender cousas interesantes sobre mulleres que fixeron historia e que moitas veces non foron recoñecidas. Tamén podemos desfrutar coas lecturas de ficción que teñen a mulleres e nenas como protagonistas.
Concurso: MULLERES QUE FAN HISTORIA
Como todos os anos, o noso concurso de investigación sobre mulleres destacadas na historia está xa en marcha. Aquí tedes as bases para participar:
Os días 5 e 8 de marzo aparecerán no taboleiro da biblioteca unha imaxe e unha pista sobre dúas mulleres (unha cada día).
Poderedes investigar de quen se trata e escribilo nunha ficha que vos facilitará a/o vosa mestra/e.
Logo, entregarédeslla á/o mestra/e cos nomesdas mulleres.
Todo o alumnado que entregue a ficha participará nun sorteo de agasallos.
Este ano propoñemos dúas mulleres. A primeira delas unha científica á que non lle foron recoñecidos os seus descubrementos ata moito tempo despois de morrer. A segunda, unha muller do campo sanitario que tamén viviu nunha época na que as mulleres non formaban parte dun mundo reservado só a homes.