miércoles, 24 de febrero de 2021

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe recordamos en toda Galiza á nosa dama das letras, Rosalía de Castro. A mesma Rosalía agardábanos esta mañá na porta do colexio para agasallar cun poema aos pais e nais do alumnado. Moitas grazas, Rosalía!


Desde a biblioteca do colexio rendémoslle homenaxe con varias actividades:
lectura de poemas, collages e mesmo  vídeos. A continuación veredes os dos nenos e nenas de E. Infantil.

 





E outros que recollen  alumnado e profesorado do centro recitando en varias linguas sentidos poemas da autora.
















lunes, 8 de febrero de 2021

11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA e celebración do ENTROIDO 2021

O xoves, 11 de febreiro celebraremos o Día da Muller e a Nena na Ciencia.
Podedes consultar a nosa bibliografía que está seleccionada na biblioteca.


O ENTROIDO no colexio foi celebrado de xeito especial, este curso con medidas COVID-19. Empregámonos moi a fondo para  confeccionar disfraces relacionados co Entroido popular galego. Mesmo buscamos no fondo do armario para vestirnos de choqueiros ou entroidos (aquí podedes ver un pequeno vídeo con alumnado de 6º)





COLABORADORAS E COLABORADORES

 Como todos os anos, un grupo de alumnos e alumnas de 6º de Primaria acuden á nosa biblioteca para axudar e aprender. Podedes velos aquí en "acción".








2 de febreiro: Día da Candeloria

 No blog do proxecto da Nosa Horta podedes ver as imaxes dun taller celebrado en E. Infantil sobre o mundo das aves. Podedes visitalo premendo nesta foto:



martes, 2 de febrero de 2021

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ


 Para celebrar esta importante data hai moitas lecturas que nos fan reflexionar e das que podemos desfrutar. Na nosa biblioteca atoparemos algunhas delas. Mira detrás das nosas pombiñas.

Na biblioteca as nenas e nenos do colexio poideron expoñer os seus traballos e investigacións sobre mulleres e homes que destacaron por promover a Paz e a non violencia no mundo.

Nos seguintes enlaces podedes ver os vídeos dos nenos e nenas de 3º C:

https://drive.google.com/file/d/1n7XfT2A3eaHzdw0P0KJdX4gvq9D9dOwj/view?usp=sharing


https://drive.google.com/file/d/1nBKY6uEYAxY2-hiW0EWJdAPBZXZF0eVe/view?usp=sharing


Ademais, o alumnado da escola quere mostrar a toda a comunidade educativa as súas ansias de PAZ para todos e todas. Aquí tedes o exemplo dun grupo de 5º de Primaria.