Como cada ano invitámosvos a participar nunha nova edición do Concurso de Relatos Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do centro en coordinación co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
miércoles, 14 de octubre de 2020
Concurso de Relatos Curtos de Terror
martes, 13 de octubre de 2020
24 de outubro: Día das Bibliotecas
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia."
As bibliotecas escolares galegas son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Para conmemorar esta data, un grupo de 6º, concretamente 6ºC, están a preparar unha sorpresa. Verémolo axiña.
viernes, 9 de octubre de 2020
Benvidos e benvidas ao novo curso!
O curso 2020-21 comezou como un curso especial, pero con moita ilusión e gañas de achegarnos á biblioteca.
Este ano elaboramos un protocolo con normas que temos que cumplir pero a biblioteca segue no mesmo sitio, con certas modificacións.
Ademais, o cartel deste curso é da ilustradora BEA LEMA, co título "XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.