martes, 22 de diciembre de 2020

O gato Sol

As nenas e nenos de 3º B contaron o conto do gato Sol co Kamishibai. 
Preme na imaxe e poderás desfrutar del.




lunes, 21 de diciembre de 2020

BO NADAL! E RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Desde a nosa Biblioteca queremos desexarvos un Feliz Nadal! E aproveitade para ler moito.

Podedes consultar na GUÍA DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS deste Nadal que, como todos os anos por estas datas, se vos entrega a cada un/unha de vós.





jueves, 26 de noviembre de 2020

domingo, 8 de noviembre de 2020

MARCAPÁXINAS MONSTRUOSOS!

 As nenas  e nenos de Infantil elaboraron os seus marcapáxinas de Samaín.

Non sabemos cal mete máis medo pero eles non llo teñen e agardan podelos poñer nos seus libros favoritos.





lunes, 2 de noviembre de 2020

O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ!

 


A nosa Bruxa, agochada detrás dun pano, deixounos o sombreiro, a vasoira e unha caixa de lecturas de medo para levar ás aulas. Hai títulos moi interesantes e para todas as idades.

Animádevos a ler neste tempo de fantasía e terror.
Pero... primeiro tedes que quitar as arañas que andan polo medio!


miércoles, 14 de octubre de 2020

Concurso de Relatos Curtos de Terror

 Como cada ano invitámosvos a participar nunha nova edición do Concurso de Relatos Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do centro en coordinación co equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.


Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados, se queredes, dunha ilustración. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas e escritas en galego. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre  terror, medo ou temas que causen asombro. Valorarase que inclúan referencias ao coidado do noso Planeta xa que  é o tema do PDI deste curso para o noso centro.
Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual exclusivamente.
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de dúas carillas de folio de extensión.
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o 16 de novembro de 2020.
Sexta. Os participantes permitirán á organización publicar as súas obras no blog, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Cómpre que xunto coas obras se proporcione a seguinte información:
Titulo do relato:...................
Autor/a/es/as:.......................
Curso e grupo:.....................
Novena. As obras a concurso deberán entregarse ás/os titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.

Que pasedes MOITO MEDO!










 

martes, 13 de octubre de 2020

24 de outubro: Día das Bibliotecas

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." 

As bibliotecas escolares galegas son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón. 

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Para conmemorar esta data, un grupo de 6º, concretamente 6ºC, están a preparar unha sorpresa. Verémolo axiña.


viernes, 9 de octubre de 2020

Benvidos e benvidas ao novo curso!

 O curso 2020-21 comezou como un curso especial, pero con moita ilusión e gañas de achegarnos á biblioteca.

Este ano elaboramos un protocolo con normas que temos que cumplir pero a biblioteca segue no mesmo sitio, con  certas modificacións.

Ademais, o cartel deste curso é da ilustradora BEA LEMA, co título "XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.







lunes, 15 de junio de 2020

AS NENAS E OS NENOS AMAN O MAR



As nenas e os nenos de 6º de E. Infantil traballaron duramente para buscar información e empaparse de noticias sobre os nosos mares e a importancia de coidalos. Buscade no blog do PDI "O Planeta é a nosa casa" e veredes que fermosa presentación. Non vola podedes perder!

lunes, 8 de junio de 2020

8 de Xuño: Día Mundial dos Océanos


Hoxe, data tan sinalada, esta imaxe reflexa a realidade diaria dos océanos:


                                       Aínda que nós queremos que sexa esta outra:


Desde aquí queremos invitarvos a compartir neste blog reflexións e frases sentidas sobre o coidado dos nosos mares, praias e costas. Agardamos a vossa participación!

As reflexións recibidas serán publicadas no noso blog "Oplanetaeanosacasa"

martes, 2 de junio de 2020

Premios do Reto Lector de 5º



Este é o premio para o alumnado de 5º que participou este ano no RETO LECTOR, do que xa demos conta en datas anteriores e que  por segundo ano consecutivo leva aos nenos e nenas a ler os seus libros favoritos a través dun reto mensual.
Trátase dunha bolsa para gardar as mascarillas cun fermoso debuxo dunha árbore e un fragmento dunha canción, lembrando o proxecto documental integrado que desenvolvemos durante este curso no noso colexio: "O Planeta é a nosa casa".
Noraboa a todos e todas por participar neste precioso reto.

sábado, 30 de mayo de 2020

Radio en Fontiñas

Radio Fontiñas
A nosa radio escolar comenza a súa andadura. O primeiro programa xa está preparado. 
Verémola medrar moi axiña!


A Radio Fontiñas, coas voces dos membros da comunidade educativa que queiran participar para saber que, aínda estando nas nosas casas, podemos estar xuntos.


jueves, 14 de mayo de 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como ben sabedes, este 17 do mes de maio celebramos o día das Nosas Letras.
A figura de Ricardo Carvalho Calero é a homenaxeada nesta edición.

Podedes buscar información sobre dita figura en varias fontes especificadas no seguinte enlace que vos leva ao blog de Bibiotecas Escolares de Galicia.

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1316

Pola nosa parte, o alumnado de 5ºB preparou un fermoso vídeo para conmemorar esta esta figura das nosas letras. Podedes velo na páxina web do cole, no seguinte enlace:




viernes, 24 de abril de 2020

MÁIS EXEMPLOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

"Virus y monstruos" é un conto creado por María, Emma, Pepa, Marta e Antía, da Fundación Down Compostela para explicar como se pode loitar contra o novo virus.
É a súa forma de conmemorar o día do Libro que todos celebramos na casa.

jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Podemos desfrutar de moitas propostas para esta data. Se queredes, nos seguintes enlaces tedes contos, imaxes e información sobre libros cargados de sensibilidade.

Contos desde a casa

Mulleres lendo na pintura






DÍA DO LIBRO

Hoxe conmemoramos  o Día Internacional do libro, e desde casa tamén o podemos facer.
Unha boa maneira é, por exemplo, acudindo ao noso libro favorito, como fan Martín, Mariña, Hugo, Pablo, Aurora, Cristofer, Fiz, Martina, Alejandra e Quique que nos mandaron as súas fotografías.

Feliz día a tod@s!










sábado, 18 de abril de 2020

23 de Abril: Día internacional do libro

A nosa biblioteca está pechada como ben sabedes, pero non de xeito permanente.
Agarda por nós coas novidades que estabamos a presentar (novos recunchos, novo mibiliario, recursos recén adquiridos...).
Mentres tanto, os libros e as lecturas seguen con nós nas nosas casas. Para festexalo lembremos que a semana próxima celebraremos o Día do Libro coas nosas familias.
Desde casa tamén podemos recordar e facer cousas en prol da lectura. Aquí che deixamos suxerencias aínda que sabemos que vós coñecedes moitas máis.

Podedes facer marcapáxinas con material de reciclaxe.










domingo, 8 de marzo de 2020

VISITA DO ALUMNADO DE 3 ANOS

O pasado venres, volveron á bilioteca as nenas e nenos de 3 anos  para continuar coas visitqas guiadas e desfrutar dunha sesión de contacontos.


jueves, 5 de marzo de 2020

EXPOSICIÓN DE LIBROS: 8 de marzo

No recibidor do colexio vemos un expositor con obras relacionadas con grandes mulleres. Mulleres relacionadas coa política, o deporte, a ciencia, a cultura e o arte...
Achegádevos alí e collede os libros para consultalos e quedar marabillados coas súas imaxes e informacións.



miércoles, 4 de marzo de 2020

CONCURSO "MULLERES QUE FAN HISTORIA"

Como en anteriores edicións, a bilbioteca organiza o concurso "Mulleres que fan historia" para que as nenas e nenos investiguen e cheguen a descubrir o nome de tres mulleres importantes na nosa vida.
Este ano propoñemos tres mulleres relacionadas co PDI que, lembremos, refírese ao coidado do noso Planeta.
Nenos e nenas! Buscade a partir das pistas que imos dando! Consultade as bases que están expostas á entrada da biblioteca.
Entraredes no sorteo de varios agasallos.

Estes son as imaxes das mulleres seleccionadas coas pistas respectivas:


Pista 1: Viaxo polo mundo para que se tomen medidas sobre o cambio climático.


Pista 2: Fun a primeira muller científica nun buque británico.


Pista 3: Fun a 3ª muller que ingresou na academia galega das ciencias.


CONTOS ILUSTRADOS PARA O 8 DE MARZO

 A ANPA do colexio organizou na biblioteca actividades para conmemorar o 8 de marzo,  en torno a grandes mulleres como Antonia Ferrín ou Ángeles Alvariño, os días 4 e 5 de marzo.

Enrique Mauricio e Carlos Taboada deleitáronnos con actividades de ilustración e documentación que fixeron que as nenas e nenos de Primaria se converteran en artistas por un momento e aprenderan moito sobre grandes mulleres galegas.






sábado, 29 de febrero de 2020

TALLERES DA HORTA

Onte, venres 28 de febreiro, desenvolvéronse na biblioteca dous talleres co alumnado do primeiro ciclo e cortesía da ANPA do colexio.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria desfrutaron moito coa elaboración de produtos  naturais de uso cotiá: unha crema de Aloe Vera e vinagre aromatizado, dos que levaron mostras para as súas casas, por suposto!
Aquí podedes ver o reportaxe gráfico de tal evento:
(Podedes informarvos máis ampliamente no blog da "Horta á cociña". Alí tamén podedes ver como seguen os nosos hortos). A próxima semana tocaralle o turno ao alumnado de E. Infantil.






lunes, 24 de febrero de 2020

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Hoxe é o gran día, o día de Rosalía de Castro. 
Como estamos de vacacións de Entroido, cando cheguemos ao colexio de novo, lembraremos á gran escritora repartindo, como en anos anteriores, poemas entre o alumnado, profesorado e familias.


ROSA ANEIROS

A escritora Rosa Aneiros visitounos a pasada semana para charlar co alumnado de 5º e 6º e asinar o seu libro Xelís, o guieiro das botellas de mar.


miércoles, 12 de febrero de 2020

11 de febreiro: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA







 Para conmemorar esta data, a arqueóloga Andrea Mouriño, muller de Ciencia recién chegada da Universidade, falounos das excavacións arqueolóxicas de Galicia e invitou ao alumnado de 5º de Primaria a realizar un taller na biblioteca do noso colexio.