Como cada ano
invitámosvos a participar nunha nova edición do Concurso de Relatos
Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do centro en coordinación co
equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Bases do concurso:
Primeira. As obras
consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados se queredes dunha
ilustración. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais
e inéditas e escritas en galego. Ademáis deberán tratar, como temática
obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen
asombro. Valorarase que inclúan referencias ao coidado do noso Planeta xa que é o tema do PDI deste curso para o noso
centro.
Segunda. Poderanse
presentar alumnos e alumnas de forma individual
ou en parella.
Terceira. Os relatos participantes
optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As
obras no poderán exceder de dúas carillas de folio de extensión.
Quinta. A data límite para a recepción
das obras será o 15 de novembro de 2019
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores
publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas
co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado escollido polo
equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Compre que xunto coas
obras se proporcione a seguinte información:
Titulo do relato:...................
Autor/a/es/as:.......................
Curso e grupo:.....................
Novena. As obras a concurso
deberán entregarse ás titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de
biblioteca.
Décima. A participación no
concurso supón a aceptación total das bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario