Dentro do programa de actividades do mes das bibliotecas está o da lectura dos nenos e nenas maiores aos máis cativos. Aquí tedes imaxes gráficas.
miércoles, 30 de octubre de 2019
SAMAÍN, SAMAÍN
O Samaín é unha estupenda festa para as nenas e nenos. O cole encheuse da cabazas decoradas e non saberíamos dicir cal é a que dá máis medo!
Tamén preparamos na biblioteca unha caixa tebrosa que invita a quen se achegue a ela a abrila para levar unha gran sorpresa!!!
Tamén preparamos na biblioteca unha caixa tebrosa que invita a quen se achegue a ela a abrila para levar unha gran sorpresa!!!
A NOSA HORTA
O cole das Fontiñas sigue coa actividade da horta.
Estes días, por cortesía da ANPA do colexio, o alumnado máis cativo adicouse ás labores do campo e a aprender sobre os produtos do mesmo; produtos moi sans por certo!
As nenas e nenos de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria prantaron sementes, fixeron lista da compra, mercaron e venderon froitos da horta... A biblioteca do centro converteuse nun mercado durante unhas horas.
sábado, 19 de octubre de 2019
OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS
Son varias as actividades que están programadas para este mes. Comenzamos buscando libros sobre libros ou bibliotecas e ímolos xuntando na nosa caixa dos tesouros. Aquí tedes algúns, pero podedes buscar máis...
Produtos de outono
Xa están expostos, como todos os anos, os productos propios destas datas que ides traendo pouco a pouco acompñados dunha serie de recursos para saber máis deles.
martes, 8 de octubre de 2019
VIII EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR
Como cada ano
invitámosvos a participar nunha nova edición do Concurso de Relatos
Curtos de Terror, organizado pola Biblioteca do centro en coordinación co
equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Bases do concurso:
Primeira. As obras
consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados se queredes dunha
ilustración. Todas as obras presentadas deberán ser orixinais
e inéditas e escritas en galego. Ademáis deberán tratar, como temática
obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen
asombro. Valorarase que inclúan referencias ao coidado do noso Planeta xa que é o tema do PDI deste curso para o noso
centro.
Segunda. Poderanse
presentar alumnos e alumnas de forma individual
ou en parella.
Terceira. Os relatos participantes
optarán a un premio ou diploma.
Cuarta. As
obras no poderán exceder de dúas carillas de folio de extensión.
Quinta. A data límite para a recepción
das obras será o 15 de novembro de 2019
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores
publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas
co centro escolar.jor
Sétima. Un xurado escollido polo
equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Compre que xunto coas
obras se proporcione a seguinte información:
Titulo do relato:...................
Autor/a/es/as:.......................
Curso e grupo:.....................
Novena. As obras a concurso
deberán entregarse ás titoras/es, que llas farán chegar ao equipo de
biblioteca.
Décima. A participación no
concurso supón a aceptación total das bases.
jueves, 3 de octubre de 2019
COMENZO DE CURSO: 2019-20
Benvidos e benvidas ao novo curso!!!
Xa hai uns días que o curso empezou e a NOSA BIBLIOTECA xa está en activo. Con estupendas actividades que enchen e encherán os próximos meses.
Unha representación da Escola Municipal de Música visitounos e, para abrir o curso, deleitounos cun concerto didáctico para o alumnado de 4º e 5º de Primaria.
O título do espectáculo, que inclúe a lectura de textos por parte de varios nenos, é A MARCHA POLO PLANETA, para introducirnos no Proxecto Documental Integrado que desenvolveremos durante este curso.
Xa hai uns días que o curso empezou e a NOSA BIBLIOTECA xa está en activo. Con estupendas actividades que enchen e encherán os próximos meses.
Unha representación da Escola Municipal de Música visitounos e, para abrir o curso, deleitounos cun concerto didáctico para o alumnado de 4º e 5º de Primaria.
O título do espectáculo, que inclúe a lectura de textos por parte de varios nenos, é A MARCHA POLO PLANETA, para introducirnos no Proxecto Documental Integrado que desenvolveremos durante este curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)