Os equipos da Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística
do noso colexio anímanvos a participar no 4º CONCURSO DE RELATOS CURTOS
que se convoca en torno ás datas do Samaín e o magosto.
Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos
curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras
presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega.
Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo
ou temas que causen asombro.
Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo).
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio que consistirá nun diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de tres carillas de folio de extensión incluindo a ilustración.
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o luns,
día 30 de novembro de 2015.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as
súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co
centro escolar.
Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Xunto coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do relato, autor/a/s, curso e grupo.
Novena. As obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario