miércoles, 28 de octubre de 2015

COLABORADORES DE 6º




Aquí tedes a foto oficial dos nosos colaboradores deste curso!

MES DAS BIBLIOTECAS

Remata outubro e con él o mes adicado ás bibliotecas. Pero...todos os meses do ano son perfectos para utilizar este servizo e a nós, non fai faltaque nolo recorden. Faltaría máis!



VISITAS GUIADAS

Xa son varios os cursos que desfrutaron das visitas guiadas pola nosa Biblioteca. Alí recibiron información e realizaron xogos de busca de libros. Aquí tedes as fotografías.



O SAMAÍN

Chegaron as cabazas e...vanse quedar con nós unha temporadiña.
Viñeron para meternos medo pero tamén para nos facer rir.
Ollade...

4º CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR

Os equipos da Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística do noso colexio anímanvos a participar no 4º CONCURSO DE RELATOS CURTOS  que se convoca en torno ás datas do Samaín e o magosto.
 Bases do concurso:
  Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen asombro.  Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo).  
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio que consistirá nun diploma.  
Cuarta. As obras no poderán exceder de tres carillas de folio de extensión incluindo a ilustración. Quinta. A data límite para a recepción das obras será o luns, día 30 de novembro de 2015.
 Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.
 Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras. Oitava. Xunto coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do relato, autor/a/s, curso e grupo.  
Novena. As obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán chegar ao equipo de biblioteca.
 Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.

viernes, 9 de octubre de 2015

CHARLAS DE DEPORTE NA BIBLIOTECA

Como en cursos anteriores, o equipo de fútbol sala da cidade, FUTSAL, visítanos e contesta ás nosas preguntas na biblioteca.

PEQUENOS/GRANDES INVESTIGADORES

Xa os nenos e nenas do colexio están a investigar. Esta vez recollen datos científicos no entorno do colexio e mesmo no xardín da biblioteca. Aquí tedes ao alumnado de 4º de primaria.


BENVIDOS AO NOVO CURSO!

A Biblioteca do noso colexio davos a benvida a todas e todos no curso 2015-16 e anímavos a visitala como en anos anteriores e máis tendo en conta, como xa sabedes, que outubro é o mes das bibliotecas.
Este ano, co lema "Biblioteca escolar, base de exploracións". Aquí atoparedes libros estupendos sobre este tema e moito máis!