miércoles, 29 de octubre de 2014
3º Concurso de relatos curtos de terror
Os equipos da Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística do noso colexio anímanvos a participar no 3º concurso de relatos curtos que se convoca en torno ás datas do Samaín e o magosto.
Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen asombro.
Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo).
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio que consistirá nun diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de tres carillas de folio de extensión incluindo a ilustración.
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o venres, día 5 de decembro de 2014. Importante aclarar que non entrarán a concurso nin se recollerán traballos despois dese día.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.
Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Xunto coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do relato, autor/a/s, curso e grupo.
Novena. As obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario