miércoles, 3 de diciembre de 2014
Conferencias sobre animais!
O alumnado de 2º curso estivo na biblioteca dando conferencias sobre temas de zooloxía que previamente investigaron. Nos próximos días volverán a facelo. Agardamos con impaciencia!
Matemáticas na biblioteca!
jueves, 13 de noviembre de 2014
O Compos...!
Visitas especiais
Exposición de libros de medo
miércoles, 5 de noviembre de 2014
As bruxas na biblioteca!!!
Proxecto: MATEMÁTICO!
miércoles, 29 de octubre de 2014
3º Concurso de relatos curtos de terror
Os equipos da Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística do noso colexio anímanvos a participar no 3º concurso de relatos curtos que se convoca en torno ás datas do Samaín e o magosto.
Bases do concurso:
Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega. Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen asombro.
Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo).
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio que consistirá nun diploma.
Cuarta. As obras no poderán exceder de tres carillas de folio de extensión incluindo a ilustración.
Quinta. A data límite para a recepción das obras será o venres, día 5 de decembro de 2014. Importante aclarar que non entrarán a concurso nin se recollerán traballos despois dese día.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.
Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras.
Oitava. Xunto coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do relato, autor/a/s, curso e grupo.
Novena. As obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.
sábado, 11 de octubre de 2014
Biblioteca escolar: MATEMÁTICO!
Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas.
Lembrade que outubro é o mes das Bibliotecas e, especialmente o día 24 do mesmo. Na nosa estamos a preparar unha serie de actividades relacionadas coas matemáticas para que poidades desfrutar delas.
viernes, 16 de mayo de 2014
NOVO CONCURSO!
BASES DO CONCURSO:
DESDE O VENRES 16 ATA O 27 DE MAIO IRÁN APARECENDO NO TABOLEIRO DA BIBLIOTECA PORTADAS DE 8 OBRAS DE AUTORES/AS GALEGOS/AS QUE, EN ANOS ANTERIORES, FORON HOMENAXEADOS NA DATA DAS LETRAS GALEGAS.
CONVIDÁMOSVOS A PARTICIPAR NUN XOGO NO QUE DEBEDES ADIVIÑAR A QUE ESCRITORES/AS PERTENCEN CADA UNHA DAS PORTADAS QUE VAN APARECENDO.
CUMPRIMENTAREDES UNHA FICHA QUE PODEDES RECOLLER PREVIAMENTE NA BIBLIOTECA. UNHA VEZ REMATADO O CONCURSO, A FICHA SERÁ ENTREGADA TAMÉN NA BIBLIOTECA. O PRAZO DE ENTREGA FINALIZA O VENRES 30 DE MAIO.
TODOS OS PARTICIPANTES COA FICHA BEN CUMPRIMENTADA ENTRARÁN NO SORTEO DE VARIOS AGASALLOS.
17 DE MAIO: LETRAS GALEGAS
martes, 29 de abril de 2014
Día do Libro
Desde a nosa Biblioteca celebramos onte, 23 de abril, como cada ano, o día grande dos libros e dos autores e autoras. Desde 1995 vimos celebrando esta conmemoración para agradecer a escritores e escritoras o que nos fan desfrutar e o que nos ensinan coas súas palabras.
Moitas grazas!
Na biblioteca do colexio de Fontiñas levamos a cabo unha serie de actividades durante toda a xornada:
Lectura continuada, proxección de recursos elaborados desde a biblioteca, exposición de traballos sobre obras e de libros, entrega de premios do concurso "Mulleres que fan Historia"...
jueves, 27 de marzo de 2014
O concurso segue...
27 de Marzo: Día Mundial do Teatro
Hoxe conmemoramos o Día Mundial do Teatro. No noso colexio os nenos e as nenas, xunto cos profesores e profesoras, fixemos actividades sobre teatro lido nas clases.
Na biblioteca do centro escollemos varias obras de teatro interesantes para dita actividade.
O teatro é fantástico!
viernes, 21 de marzo de 2014
21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA
Hoxe 21 de marzo celebramos, coa entrada da primavera, o Día Mundial da Poesía. Na nosa biblioteca atoparedes libros de poesía e desde alí convidámosvos a que escribades os vosos poemas favoritos, tanto da vosa autoría como de poetas e poetisas recoñecidos. Podedes depositalos nunha caixa colocada expresamente para tal fin.
Ánimo e participade!
sábado, 15 de marzo de 2014
Visitas literarias
miércoles, 12 de marzo de 2014
8 de marzo: Día da Muller Traballadora
O pasado sábado celebrouse o Día da Muller traballadora. Con tal motivo, e desde a biblioteca do noso centro, propoñemos durante as próximas datas un xogo-concurso para adiviñar a que mulleres da historia e da actualidade, destacadas en diversos ámbitos, corresponden certas imaxes colocadas no taboleiro e que irán aparecendo pouco e pouco ata "encher" un impreso facilitado desde a propia biblioteca.
O título do concurso é Mulleres que fan historia e trátase dunha labor de investigación e búsqueda de información para todo o alumnado de Educación primaria.
As bases permanecen expostas á entrada do centro.
domingo, 9 de febrero de 2014
PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS CURTOS
Aquí está o nome dos nenos e nenas que resultaron premiados no concurso de relatos curtos de terror:
Sabela e Alexandra, de 1º B por "Os nenos vampiros",
Roi Jun, de 1º B por "O Guh",
Manuel González Gutiérrez, de 2º A por "O vampiro EroiS",
Tristán López Dono, de 2º A por "A noite do medo",
Paula Carracedo García, de 2º A por "O home do saco perigoso",
Carolina, de 2º B por "Contos de medo",
Brais Fraga Cantelar, de 3º A por "Viaxe a un mundo perdido",
Ana Brenlla Barreiros, de 3º A por "O Castelo",
Mauro Santamariña, de 3º B por "O neno e os monstros",
Darío Martínez Germil, Nadine Rña otero e Thiago Dos Santos, de 6º A por "A sangría de Manchester".
Noraboa a todos e todas
sábado, 1 de febrero de 2014
Concha Blanco na nosa biblioteca
Suscribirse a:
Entradas (Atom)