Lembrade que o día 30 de xaneiro é un día especial para xuntarnos todos e todas nun acto colectivo e simbólico da non violencia. Así todos xuntos temos máis forza.
No noso colexio nesa data recordamos que a PAZ debe ser unha das palabras que esté presente sempre na nosa vida. Así, lemos todos xuntos unha lenda india e decoramos o espazo coas bolboretas ás que fai referencia dita lenda:
"Conta unha lenda que os indios americanos pensaban que as bolboretas eran quen de levar os nosos mellores desexos aos deuses. Atrapar unha bolboreta, susurrarlle un desexo e... liberala aseguráballes que este sería cumprido. Dende entó...as boblboretas foron símbolo de alegría, esperanza, beleza, boas novas e...PAZ"
No hay comentarios:
Publicar un comentario