lunes, 23 de diciembre de 2013

Avó científico na nosa biblioteca

Neste mes de decembro os alumnos e alumnas de 1º recibiron a grata sorpresa da visita de Juan, un avó de dous alumnos do colexio que nos contou moitas cousas sobre o seu tema preferido: A ciencia.
Ademáis, agasallounos cun libro que recolle moitas experiencias feitas por el en anos en que estivo dedicado tanto ao ensino como aos medios de comunicación, concretamente a radio.
Moitas grazas Juan.


miércoles, 27 de noviembre de 2013

Día Internacional dos dereitos da Infancia.

O pasado día 20 de Novembro recordamos que hai moitos dereitos dos nenos e as nenas que están sendo pisados continuamente. Como é algo que non debemos esquencer, no noso colexio tamén lle dedicamos un día e unhas cantas reflexións!

sábado, 16 de noviembre de 2013

As estatuas tamén len

Estas fotografías ilustran como ler é algo divertido. Animádevos a fotografiar estauas ou outras obras de arte relacionadas co gusto pola lectura. Poderán aparecer neste blog.

viernes, 8 de noviembre de 2013

2º CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR

Os equipos da Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística do noso colexio anímanvos a participar no 2º concurso de relatos curtos que se convoca en torno ás datas do Samaín e o magosto.

Bases do concurso:
 Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega.  Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen asombro.
 Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo).  
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio que consistirá nun diploma.   
Cuarta. As obras no poderán exceder de tres carillas de folio  de extensión incluindo a ilustración. Quinta. A data límite para a recepción das obras será o xoves, día 5  de decembro de 2013. Importante aclarar que non entrarán a concurso nin se recollerán traballos despois dese día.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.  
Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras. Oitava.  Xunto coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do relato, autor/a/s,  curso e grupo.
Novena. As obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.

viernes, 1 de noviembre de 2013

Formación de usuarios

Estes días a nosa Biblioteca está a recibir a visita dos máis pequenos: os nenos e nenas de Educación Infantil e os de 1º, que reciben información e se familiarizan co servizo, a través de xogos, préstamos...

viernes, 18 de octubre de 2013

Outubro: mes das bibliotecas

O día 24 de outubro celebraremos o Día da Biblioteca. Este ano conta co seguinte lema: Ler ciencia na biblioteca. Á entrada da nosa atoparedes libros relacionados con este lema. Podedes consultar os que queirades dentro dela.

Colaboradores e colaboradoras

Como o ano pasado, os alumnos e alumnas de 6º,  de novo queren axudar nas tarefas da nosa biblioteca. Aquí os tedes, voluntarios e voluntarias que traballan durante o recreo.

Comezo de curso: 2013-2014

Co comezo do novo curso a Biblioteca do colexio está agardando a vosa visita tanto polas mañás como en horario de tarde. Xa sabedes, todos os días agás o martes de 16:00 a !8:00 horas

sábado, 18 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O 17 de Maio celebramos o día das nosas letras. Este ano 2013 adicadas á figura do teatro galego Roberto Vidal Bolaño. Un aplauso para el!
No noso colexio tamén o recordamos a través de diversas actividades das que pronto veremos exemplos neste blog.

martes, 30 de abril de 2013

Concurso Irmáns Grimm

Como sabedes este ano conmemoramos o 200 aniversario da publicación dos contos recopilados polos Irmáns Grimm. Entre eses contos están Hansel e Gretel, Cincenta, Carapuchiña vermella, Polgariño ou Brancaneves e os sete ananiños.

Durante uns días aparecerán en distintos lugares do colexio siluetas de personaxes dos libros destes irmáns. Se queredes participar, deberedes pescudar o nome da personaxe e do conto no que aparece e ir anotando as respostas nunha ficha que se poderá recoller na Biblioteca.
Unha vez rematada...cómpre entregala cos datos cubertos e participaredes nun sorteo dun agasallo sorpresa.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

lunes, 15 de abril de 2013

Benvida Fina!

Como estaba anunciado, o  día 8 de abril visitounos a escritora Fina Casalderrey. Todos e todas estivemos moi atentos xa que nos contou moitas cousas da súa vida e das súas obras. Moitas grazas Fina!

Podes ver máis na seguinte ligazón:


jueves, 4 de abril de 2013

FINA CASALDERREY NO COLEXIO!

O próximo luns día 8 de abril visitaranos a escritora e académica FINA CASALDERREY. Os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º estarán con ela para escoitar as súas historias e que lles sexan asinadas as obras que durante o pasado trimestre foron lidas nas aulas.

miércoles, 3 de abril de 2013

O pasado 2 de abril conmemorouse o nacemento de Hans Christian Andersen. Esa data foi escollida para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, para lembrar a importancia dos libros nos nenos e nenas como fonte de imacinación e aprendizaxe.


viernes, 22 de marzo de 2013

Día da poesía e día do teatro

 A poesía e o teatro tamén están presentes na nosa biblioteca e, como estamos en obras, expoñemos algunhas mostras na entrada do colexio.
Lembrade que onte, 21 de marzo, celebrouse o Día Mundial da Poesía e o vindeiro día 27 do mesmo mes, o Día Mundial do Teatro.
Desfrutade nos próximos días vacacionais e deixade uns momentos
 para ler!                                                

viernes, 15 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA

Durante varios días estarán expostos diversos xornais, mesmo en linguas diferentes. Podedes ollalos e realizar cos vosos titores e titoras, actividades diferentes sobre a prensa.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para celebrar a data os alumnos e alumnas de Primaria fixeron traballos sobre mulleres importantes.

lunes, 4 de marzo de 2013

Traballos sobre Rosalía



Pequenos e grandes, todos e todas lembran cos seus traballos de expresión e de investigación a Rosalía de Castro.

viernes, 22 de febrero de 2013

24 de Febreiro, día de ROSALÍA

O 24 deste mes celebramos o día de Rosalía de Castro. Este ano ademáis conmemoramos o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos".
No noso colexio os nenos e nenas, tanto da etapa de Infantil como a de Primaria, están a realizar traballos sobre a figura de Rosalía e a súa obra: pintan, investigan, decoran, lembran, recitan...

domingo, 10 de febrero de 2013

lunes, 28 de enero de 2013

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL POLA PAZ

Lembrade que o día 30 de xaneiro é un día especial para xuntarnos todos e todas nun acto colectivo e simbólico da non violencia. Así todos xuntos temos máis forza.
No noso colexio nesa data recordamos que a PAZ debe ser unha das palabras que esté presente sempre na nosa vida. Así, lemos todos xuntos unha lenda india e decoramos o espazo coas bolboretas ás que fai referencia dita lenda:
 "Conta unha lenda que os indios americanos pensaban que as bolboretas eran quen de levar os nosos mellores desexos aos deuses. Atrapar unha bolboreta, susurrarlle un desexo e... liberala aseguráballes que este sería cumprido. Dende entó...as boblboretas foron símbolo de alegría, esperanza, beleza, boas novas e...PAZ"

jueves, 17 de enero de 2013

COLABORADORES DE BIBLIOTECA

A partir da semana próxima, un grupo voluntario de alumnas de 6º comenzará a colaborar coa nosa biblioteca que, como xa poidestes observar, está cambiando de ubicación para un espazo máis amplio. Grazas a elas por ofrecernos un pouco do seu tempo de ocio. Aquí as tedes!