martes, 27 de septiembre de 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR - TERRITORIO DAS ARTES

Este é o lema que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comenzo do curso con destino ás bibliotecas escolares dos centros de ensino. Nesta ocasión MINIA REGOS é a creadora convidada a interpretar o lema anual.

Biblioteca escolar - territorio das artes invita a explorar fórmulas para espertar nos lectores e lectoras o interese por achegarse aos produtos artísticos pero sobre todo, a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais...


BENVIDOS AO NOVO CURSO! 2016-17

Comezamos un ano escolar máis e na Biblioteca xa estamos a quentar motores!!!!
Damos paso ao OUTONO e no cole celebrámolo desexándolle a benvida. Mirade!

Na nosa árbore outonal, sen follas xa, ímoslle engadir pouco a pouco follas cheas de poesías e adiviñas referidas ao outono.
Ánimo e a participar!

viernes, 22 de abril de 2016

CONCURSOS! PREMIOS!

O día 22 de abril entregáronse os premios dos concursos organizados pola biblioteca do colexio: Relatos curtos de terror e Mulleres que fan historia. Noraboa a todos e todas!

MARATÓN DE LECTURA

Todo o alumnado do colexio xuntouse na nosa biblioteca os días 21 e 22 de abril para conmemorar o Día do Libro. Fixemos un "maratón" de lectura.

AUTORAS NA BIBLIOTECA

Na semana previa ao día do Libro visitáronnos dúas grandes autoras: Ana Alonso e Érica Esmorís.

viernes, 8 de abril de 2016

PASES AO LIBERESPAZO

Aquí tedes unha mostra dos Pases de lectura ao Libereszazo, debidamente cubertos e selados pola Biblioteca do noso cole.

Encontros das Bibliotecas

Os días 7 e 8 de abril, celebráronse no pazo de Congresos de Santiago, como todos os anos en torno a esas datas, os Encontros de bibliotecas escolares de Galicia. Alí se reúnen todos os representantes das máis de 500 Bibliotecas escolares acollidas ao Plan de Mellora de Bibliotecas escolares de galicia (PlamBe). A nosa biblioteca estivo presente a través da súa coordinadora. Alí se recibe información e intercambios de opinións e experiencias que se fan nas distintas bibliotecas ao longo do curso. Comprobamos que son moi dinámicas e que moitas delas teñen ademáis das boas prácticas, premios en distintos certames estatais e autonómicos. Noraboa ás nosas bibliotecas e sobre todo aos seus usuarios!