sábado, 6 de junio de 2015

Os contos dos nenos e nenas de 2º A


Todos estes contos foron feitos polas alumnas e alumnos de 2º A do noso colexio. Aquí tedes os enlaces e...a desfrutar!
 A CEBRA CAMILA

A GALIÑA ROXA
https://youtu.be/dsU3wet7uHw  
COCORICO
COELLIÑO BRANCO
SIMÓN MENTIRAS 
STELALUNA

Despois, asistimos a unha SESIÓN DE CINE!

domingo, 24 de mayo de 2015

Educaión viaria na Biblioteca!

Deste xeito tan divertido nos ensinaron Educación Vial na nosa Biblioteca, coa participación dos nenos e nenas e con música e contos.

Alumnado de 6º contacontos!

Un grupo de nenos e nenas de 6º de Primaria recordaron os anos da súa estadía na E. Infantil a través da visita e lectura de contos aos máis pequenos do cole, quenes atentamente os observaban e escoitaban. Moi boa idea!

Troco de libros!

Os alumnos e alumnas do 1º e 2º de Primaria, dentro das actividades programadas para o día do Libro e a semana das Letras Galegas, levaron a cabo un troco de libros entre eles. aquí tedes as imaxes.


Pitos, pitos, pitos!

Durante este trimestre os alumnos e alumnas de E. infantil traballaron dentro dun proxecto sobre o nacemento destes preciosos animais.
Agora tócalle o turno ao alumnado de E. primaria, que irá pouco a pouco observando o proceso de desenvolvemento da cría de pitos.



jueves, 30 de abril de 2015

Árbore de libros en Educación Infantil

Chegou a primavera e, co Día do Libro medrou no espazo dos nosos máis pequerrechos unha árbore á que lle están a saír...unhas follas certamente raras!
Estarán con nós durante o mes de maio, adicado ás nosas letras, claro!

miércoles, 29 de abril de 2015

Todos e todas ao teatro!

Onte, día 28, todo o alumnado de Primaria asistimos a unha representación teatral no Teatro Principal da nosa cidade. A obra que fomos desfrutar foi "O Espantallo amigo" de Neira Vilas, interpretado pola compañía Os Quinquilláns.
Aplausos a rabiar!