jueves, 10 de febrero de 2022

11 de febreiro: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


 Para conmemorar esta importante data estanse a desenvolver varias actividades entre o alumnado.

Aquí vemos o traballo de nenas e nenos de 5 anos, que tomaron como exemplo a Hedy Lamark, muller de cine e ciencia, e como ocurre frecuentemente, non recoñecida nesta última faceta súa.

 



Coma sempre, podedes ler e compartir libros da nosa exposición.




jueves, 3 de febrero de 2022

DESEXAMOS PAZ


 As nenas e neos de 6º B de E. Infantil desexan a todos e todas un mundo de paz desde a nosa biblioteca.

lunes, 31 de enero de 2022

LIBROS PARA A PAZ


 


O 30 de xaneiro celebramos o Día da non violencia e a Paz.

Nas aulas están sempre presentes as actividades para conmemorar tal data.

A biblioteca propón lecturas relacionadas para escoller e logo desfrutar.






lunes, 20 de diciembre de 2021

BO NADAL E RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Dende a nosa Biblioteca queremos desexarvos un Bo Nadal e o mellor para o ano que comenza.

Moitas lecturas interesantes e tamén moitas ganas de aprender e desfrutar!


Aquí vos deixamos as nosas...

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

jueves, 16 de diciembre de 2021

VISITAS GUIADAS

 Neste 1º trimestre estivemos a facer varias visitas guiadas á nosa biblioteca, con información e xogos para buscar libros. Aquí tedes algunhas imaxes.





LABORATORIO ITINERANTE DAS CIENCIAS. A AUGA

 

Durante esta semana, a biblioteca converteuse nun laboratorio para desfrutar de experiencias marabillosas e divertidas, recordando coñecementos e aprendendo outros novos.

Aquí tedes algunhas imaxes.

Parte 1



Parte 2



jueves, 9 de diciembre de 2021

3 de decembro: Día Internacional das persoas con diversas capacidades

 


ABRAZA, CHOCA, BAILA

As nenas  e nenos de 4 anos de E. infantil iniciaron un traballo de expresión con recursos da biblioteca que nos leva a reflexionar sobre as diversas capacidades das persoas.