jueves, 16 de diciembre de 2021

VISITAS GUIADAS

 Neste 1º trimestre estivemos a facer varias visitas guiadas á nosa biblioteca, con información e xogos para buscar libros. Aquí tedes algunhas imaxes.





LABORATORIO ITINERANTE DAS CIENCIAS. A AUGA

 

Durante esta semana, a biblioteca converteuse nun laboratorio para desfrutar de experiencias marabillosas e divertidas, recordando coñecementos e aprendendo outros novos.

Aquí tedes algunhas imaxes.

Parte 1



Parte 2



jueves, 9 de diciembre de 2021

3 de decembro: Día Internacional das persoas con diversas capacidades

 


ABRAZA, CHOCA, BAILA

As nenas  e nenos de 4 anos de E. infantil iniciaron un traballo de expresión con recursos da biblioteca que nos leva a reflexionar sobre as diversas capacidades das persoas.









sábado, 27 de noviembre de 2021

HORA DE LER... XORNAIS

 A "Hora de ler" é un bo momento para desfrutar de todo tipo de lecturas.

Aquí están de novo, alumnos e alumnas de 3º co xornal.



jueves, 25 de noviembre de 2021

25 de novembro: DÍA MUNDIAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 



O CEIP das Fontiñas conmemora o 25 N, Día contra a violencia de xénero, con diversass actividades:

O pasado día 23, no recibidor da escola, unha representación teatral para todo primaria por cortesía da ANPA do colexio.

Hoxe, día 25, asistimos á representación e exposición de dúas cancións, en versión na lingua galega, que lle gustan moito a toda a comunidade educativa e especialmente aos nenos e nenas.
Estas cancións son "A porta violeta" (representada en pictogramas) e "Déixaa que baile", coa letra representada en debuxos, para que todas e todos poidamos desfrutar delas.









O MAPA DO TESOURO!

 O alumnado de 3º aprendeu a interpretar mapas, e así nolo demostra cun xogo no que debe buscar un tesouro no patio da escola.



viernes, 12 de noviembre de 2021

O VÍDEO DO MAGOSTO

 As castañas non faltaron na nosa escola. Feitas ao lume !

Aquí tedes un pequeno vídeo do noso magosto.