viernes, 6 de diciembre de 2019

RETO LECTOR DO ALUMNADO DE 5º

As nenas e nenos de 5º de Primaria continúan este curso co seu RETO LECTOR que iniciaron o curso pasado. Aquí tedes imaxes dos retos por meses:



Como podedes ver, o reto de outubro foi ler un libro que che apeteza desde hai tempo. O mes de novembro, un libro de máis de 60 páxinas e por decembro, un libro sobre Nadal. 
Todos os retos son presentados na nosa Biblioteca polo alumnado.

Aqui tedes a tres alumnas no mes de outubro e novembro.
E...os retos continuarán.




sábado, 23 de noviembre de 2019

A HORTA NA BIBLIOTECA

Durante o primeiro trimestre deste curso 2019-20, as nenas e nenos de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria están a desenvolver un proxecto sobre a horta. 

A ANPA realiza, a través das monitoras do proxecto, un labor moi completo tanto na horta do colexio como na Biblioteca do mesmo, con semilleiros, plantacións, observación e clasificación de froitos, hortalizas, sementes...Mesmo cunha froiteiría para poder mercar!

O proxecto, aínda non rematado, desenvolveuse en dúas sesións distintas ao longo do trimestre. Unha sobre froitos e hortalizas e outra sobre froitos secos e cogumelos. Unha parte na horta e outra na Biblioteca.


Podedes ver máis imaxes no blog do proxecto sobre a nosa horta ou no seguinte enlace:

https://hortosdasfontinhas.blogspot.com/

martes, 19 de noviembre de 2019

XORNADA DE BIBLIOTECAS INCLUSIVAS

O venres, 15 de novembro, tivo lugar en Santiago unha cita de moitas das bibliotecas escolares de  Galiza, co título XORNADA DE BIBLIOTECA INCLUSIVA. CIDADANÍA NA DIVERSIDADE.



Con moitas ponencias, exposicións e informacións para achegar ás bibliotecas escolares no referente á diversidade e poder ter unhas bibliotecas inclusivas actualizadas e funcionais.

Que viva o magosto!

No noso colexio, como todos os anos, celebramos o fantástico magosto e participamos en xogos populares como carreira de sacos, encestar castañas ou a pita cega.
Moitos nenos e nenas saíron do colexio un pouquiño tiznados!






miércoles, 30 de octubre de 2019

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Dentro do programa de actividades do mes das bibliotecas está o da lectura dos nenos e nenas maiores aos máis cativos. Aquí tedes  imaxes gráficas.





SAMAÍN, SAMAÍN

O Samaín é unha estupenda festa para as nenas e nenos. O cole encheuse da cabazas decoradas e non saberíamos dicir cal é a que dá máis medo!
Tamén preparamos na biblioteca unha caixa tebrosa que invita a quen se achegue a ela a abrila para levar unha gran sorpresa!!!



A NOSA HORTA

O cole das Fontiñas sigue coa actividade da horta. 
Estes días, por cortesía da ANPA do colexio, o alumnado máis cativo adicouse ás labores do campo e a aprender sobre os produtos do mesmo; produtos moi sans por certo!
As nenas e nenos de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria prantaron sementes, fixeron lista da compra, mercaron e venderon froitos da horta... A biblioteca do centro converteuse nun mercado durante unhas horas.