sábado, 18 de marzo de 2017

ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


Onte e antonte tiveron lugar, como cada ano, estes Encontros no Pazo de Congresos de Santiago para unir a todos os centros que forman parte desta gran rede de centros escolares unidos polas súas bibliotecas e as ganas de medrar lendo.

martes, 7 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER NO MUPEGA

O Día Internacional da Muller celébrase este ano no Museo Pedagóxico de Galicia cun obradoiro e un contacontos. Aquí tedes a información:

http://www.edu.xunta.es/mupega/

viernes, 3 de marzo de 2017

PISTAS DO CONCURSO...

Aquí tedes as imaxes e as pistas do concurso: (Están expostas no taboleiro externo da biblioteca)








CONCURSO: MULLERES QUE FAN HISTORIA

Todos os anos teñen unha data moi especial para recordarnos o Día Mundial da Muller Traballadora. Desde a nosa biblioteca convocamos de novo un CONCURSO de pistas para adiviñar o nome de cinco mulleres destacadas na historia. Este ano, dentro do noso Proxecto Documental, escollemos a cinco pintoras marabillosas. Aquí tedes as bases do concurso e a continuación, iremos poñendo pista a pista acompañadas da correspondente imaxe.
Ánimo, e a participar!!!!




lunes, 27 de febrero de 2017

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro, como todos os anos celebramos o Día de Rosalía e, no noso centro realizáronse numerosos traballos e actividades para recordala.


sábado, 18 de febrero de 2017

IAGO LÓPEZ NA BIBLIOTECA

O escritor e contaacontos iago López visitounos de novo esta semana para presentar o seu libro "O cociñeiro Martiño". As nenas e nenos de 1º e 2º estiveron con el na nosa biblioteca.


CHEGA O ENTROIDO!

Como cada ano (nunca lle  esquece), o Entroido chega ás nosas vidas. Recibiémolo no noso cole como se merece, con ganas de diversión. Así están xa as nosas Mecas. A de E. Infantil, nada menos que a pintora FRIDA KAHLO e en E. Primaria a nosa BALBINA, a protagonista do mural realizado no noso cole polo recoñecido grafiteiro Yoseba Muruzábal.

Este ano, o motivo ou tema principal xa sabedes que é o do noso proxecto documental: Pintura rima con lectura.

Podedes ver fotos e vídeos do desfile na páxina web do noso colexio.