domingo, 6 de marzo de 2016

Semana da PRENSA 2016

Do 7 ao 11 de Marzo celébrase a Semana da prensa nas nosas escolas. Na nosa Biblioteca contamos cunha pequena exposición de prensa de diferentes países así como algúns libros relacionados con xornais e xornalistas. A través da Biblioteca tamén podemos conseguir unidades didácticas para traballar a prensa nas aulas.

martes, 23 de febrero de 2016

24 de febreiro: O DÍA DE ROSALÍA

Este ano, os nenos e nenas do noso cole realizaron unha actividade proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores Galegos para recordar á nosa gran escritora. A actividade consite na elaboración dunha postal inspirada nuns versos de Rosalía. Dita postal será enviada ás familias ou aquelas persoas que os alumnos e alumnas desexen. Mirade que chulas! Aí van, camiño do seu destino! FELICIDADES ROSALÍA!

jueves, 3 de diciembre de 2015

Concurso de relatos de terror

Rematou o prazo para a entrega de relatos que participarán no noso concurso anual. Moita sorte a todos e todas!

sábado, 28 de noviembre de 2015

Eu son Balbino...



“Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre". Así comeza a novela "Memorias dun neno labrego", o best seller da literatura galega que XOSÉ NEIRA VILAS escribiu hai 54 anos.

Recordemos a este gran escritor e galeguista que tanto nos fixo desfrutar e reflexionar.