sábado, 1 de febrero de 2014

Concha Blanco na nosa biblioteca

Esta semana charlou cos alumnos e alumnas do 2º ciclo unha das escritoras que nos ían visitar durante este 2º trimestre. Trátase de Concha Blanco, autora de libros para nenos e nenas tan bonitos como "A bruxiña da sorte".

lunes, 23 de diciembre de 2013

Avó científico na nosa biblioteca

Neste mes de decembro os alumnos e alumnas de 1º recibiron a grata sorpresa da visita de Juan, un avó de dous alumnos do colexio que nos contou moitas cousas sobre o seu tema preferido: A ciencia.
Ademáis, agasallounos cun libro que recolle moitas experiencias feitas por el en anos en que estivo dedicado tanto ao ensino como aos medios de comunicación, concretamente a radio.
Moitas grazas Juan.


miércoles, 27 de noviembre de 2013

Día Internacional dos dereitos da Infancia.

O pasado día 20 de Novembro recordamos que hai moitos dereitos dos nenos e as nenas que están sendo pisados continuamente. Como é algo que non debemos esquencer, no noso colexio tamén lle dedicamos un día e unhas cantas reflexións!

sábado, 16 de noviembre de 2013

As estatuas tamén len

Estas fotografías ilustran como ler é algo divertido. Animádevos a fotografiar estauas ou outras obras de arte relacionadas co gusto pola lectura. Poderán aparecer neste blog.

viernes, 8 de noviembre de 2013

2º CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE TERROR

Os equipos da Biblioteca e de Dinamización e Normalización Lingüística do noso colexio anímanvos a participar no 2º concurso de relatos curtos que se convoca en torno ás datas do Samaín e o magosto.

Bases do concurso:
 Primeira. As obras consistirán en contos, historias ou relatos curtos acompañados dunha ilustración (debuxo). Todas as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas. Escritas en lingua galega.  Ademáis deberán tratar, como temática obligatoria, sobre terror, medo ou temas que causen asombro.
 Segunda. Poderanse presentar alumnos e alumnas de forma individual, parella ou trío (nunca máis de tres compoñentes por traballo).  
Terceira. Os relatos participantes optarán a un premio que consistirá nun diploma.   
Cuarta. As obras no poderán exceder de tres carillas de folio  de extensión incluindo a ilustración. Quinta. A data límite para a recepción das obras será o xoves, día 5  de decembro de 2013. Importante aclarar que non entrarán a concurso nin se recollerán traballos despois dese día.
Sexta. Os participantes permitirán aos organizadores publicar as súas obras no blogue, revistas e outras publicacións relacionadas co centro escolar.  
Séptima. Un xurado escollido polo equipo de biblioteca do colexio seleccionará as obras gañadoras. Oitava.  Xunto coas obras deberá proporcionarse a seguiente información: Titulo do relato, autor/a/s,  curso e grupo.
Novena. As obras a concurso entregaranse aos titoras/es, que llelas farán chegar ao equipo de biblioteca.
Décima. A participación no concurso supón a aceptación total das bases.

viernes, 1 de noviembre de 2013

Formación de usuarios

Estes días a nosa Biblioteca está a recibir a visita dos máis pequenos: os nenos e nenas de Educación Infantil e os de 1º, que reciben información e se familiarizan co servizo, a través de xogos, préstamos...