Co lema "biblioteca escolar, acelerador de innovación" e un estupendo cartel de Andrés Meixide, celebramos o mes da biblioteca escolar (outubro) e o día da Biblioteca (24 de outubro).
Lembremos que as bibliotecas escolares están a renovarse cada ano para chegar aos nenos e nenas cada vez máis e mellor.
No noso centro estamos a realizar traballos para conmemorar a data.
miércoles, 10 de octubre de 2012
COMENZAMOS O CURSO 2012-13!
Dende a biblioteca damos a benvida aos novos alumnos e alumnas do cole e, por suposto, aos que se incorporan á etapa de Primaria.
Os nenos e nenas do 1º nivel xa elaboraron os seus marcadores personais e fixeron a súa primeira visita guiada para coñecer este atractivo recurso para eles.
jueves, 24 de mayo de 2012
Concurso!
Para conmemorar o día das Letras galegas, no centro fixemos un concurso de preguntas sobre o que sabemos da figura de Valentín Paz Andrade.Estivo moooooiiii interesante!Todos os equipos demostraron o ben informados que estaban! Atentos...!
O ano que ven será máis difícil!!!
lunes, 14 de mayo de 2012
Semana das LETRAS GALEGAS
Como ben sabedes, estas datas son para celebrar a importancia da nosa lingua. Ademáis, recordar a escritores e intelectuais que fixeron e fan posible a riqueza da mesma. Este ano, Valentín Paz Andrade "entra" nas nosas casas, nos centros educativos, nos medios de comunicación...a través das súas letras, das súas accións e o seu amor por Galicia.
Un aplauso para Valentín!
No noso colexio estamos a realizar durante toda a semana diversas actividades de conmemoración: concurso, exposicións, lecturas, debuxos...
lunes, 23 de abril de 2012
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Hoxe, día 23 de Abril celebramos en todo o mundo o día do libro. No noso colexio estanse a levar a cabo varias actividades para conmemorar esta data: exposicións, concursos, lecturas en voz alta... De todo daremos conta pronto, feliz día!!!
GONZALO MOURE ENTRE NÓS
Este curso estivo charlando cos alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º o escritor Gonzalo Moure, que nos respondeu a todo o que lle preguntamos e nos fixo pasar uns momentos moi agradables. Tamén nos asinou os exemplares das obras que fomos traballando durante as clases. Moitas grazas Gonzalo!!!
viernes, 2 de marzo de 2012
CONCURSO DE CÓMICS
Animádevos a deseñar o voso propio cómic durante todo o mes de marzo, xa que está convocado un concurso de cómics para todos os alumnos e alumnas do colexio.Pedide información na biblioteca e facilitaránsevos as bases e mesmo plantillas.
BASES DO CONCURSO
1. Poderán concurrir a este concurso todos os alumnos e alumnas do colexio que o desexen.
2. O tema será libre, con textos en lingua galega ou castelá. Cada autor/a presentará as obras que considere oportunas.
3. Os traballos deberán ser orixinais, tendo unha extensión entre unha e catro páxinas, a cor ou blanco e negro, a técnica libre e con dimensións de DIN A-4. Se suministrarán plantillas a quen o desexe.
4. A autoría poderá ser individual ou dun equipo debuxante/guionista. O estilo, tratamento e xénero libres.
5. Os traballos presentaranse na biblioteca, facendo constar o nome e apelidos do concursante/es, edade e curso no que está.
6. O prazo de presentación dos traballos será do 28 ao 30 de marzo de 2012.
7. Establécense premios en tres categorías:
a. ata 6 anos.
b. de 7 a 9 anos.
c. de 10 anos en adiante.
O premio consistirá nun cómic para cada traballo premiado.
8. Ademais dos premios, o xurado poderá reservarse o dereito a facer mencións especiais.
9. Os traballos serán devoltos aos autores/as que o soliciten. Poderán ser publicados.
10. Organizarase unha exposición coas obras presentadas en datas próximas á celebración do día do libro (23 de abril).
11. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)