O noso colexio, e por suposto a biblioteca, súmanse á gran cantidade de centros que reflexionaron nestas datas sobre a importancia e a urxencia de acadar un mundo de paz. Un mundo no que as palabras e accións negativas sexan borradas e cambiadas por outras cheas de bós desexos e esperanza.
Os nenos e nenas do segundo ciclo realizaron este precioso mural coas aportacións artísticas de cada un deles. Desfrutade del tamén na casa! Ademais, Pili Bolechas, desde a biblioteca, propón unhas lecturas para todas as idades e todos os momentos.
Bicos para todos!
viernes, 3 de febrero de 2012
miércoles, 11 de enero de 2012
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O CURSO 2011/12
Aquí tedes a guía con recomendacións de lecturas para todos os ciclos
miércoles, 16 de noviembre de 2011
Os froitos do outono!
Durante esta semana os alumnos e alumnas do 2º ciclo fixemos unha exposición, e posterior degustación, de froitos desta época do ano. Non sabiamos que houbera tantos! Que saborosos! Ademais, fixemos traballos sobre eles buscando información en diversos medios.
sábado, 12 de noviembre de 2011
REVISTAS NA BIBLIOTECA!
En poucos días recibiremos dúas revistas infantiles. Son revistas mensuais para ler e consultar na nosa biblioteca. Esperamos que vos gusten!
miércoles, 5 de octubre de 2011
Outubro: O mes das bibliotecas
Par celebrarmos o Día da biblioteca (24 de outubro), o mes da biblioteca escolar, un curso máis, a Consellería de Educación edita un cartaz cunha imaxe dun autor galego. Nesta ocasión, Emma Ríos, interpreta o lema proposto, biblioteca escolar, última xeración, ofrecéndonos unha visión alegre do que son e poden ser as bibliotecas escolares.
sábado, 7 de mayo de 2011
OS MAIORES LENLLE AOS MÁIS NOVOS
Seguimos desenvolvendo as actividades para conmemorar o "día do libro 2011". Esta vez, os alumnos e alumnas de 6º nivel léronlle un conto aos nenos e nenas de Educación Infantil. Axiña o farán tamén cos do 1º ciclo de Primaria.
sábado, 30 de abril de 2011
LIBROS DE CINE
Esta é unha das actividades programadas no noso cole para conmemorar o DÍA DO LIBRO. A obra escollida é "O pequeno Nicolás".
Durante a próxima semana os nenos e nenas lerán, xunto cos seus profesores e profesoras, esta preciosa obra de Goscinny, ilustrada por Jean-Jacques Sempé, para, a continuación, ver a película de Laurent Tirard.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





