martes, 4 de julio de 2023

IMAXES PARA O FIN DE CURSO


 

CONCERTO DO ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA: ALELUIA!!

 


Nenas e nenos de 4º interpretando a preciosa canción de Leonard Cohen.

VISITA DO CORO DO INSTITUTO


 Marabillosa a visita do alumnado de canto do Instituto. Todos e todas cantamos e ate bailamos ao ritmo dunha selección de pezas interpretadas por estes mozos e mozas, algúns exalumnos e exalumnas.

Un gran aplauso!!!

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO DE 3º SOBRE MULLERES GALEGAS


Nenas e nenos de 3º de Primaria presentando os seus traballos sobre mullleres galegas na biblioteca.
 

TEATRO NA BIBLIOTECA



As neans e nenos de 4º, na biblioteca da escola interpretando a obra de teatro.

 

REGALOS EN 4º

 As nenas e nenos de 4º recibiron da súa mestra un regalo para non esquencer. Unha bolsa de tela para meter os libros cando vaian neste verán á praia, ao río, ao parque, ao campo...

Fantástica idea!



O NOSO XARDÍN

 O xardín da biblioteca estreou mobiliario este curso. Aquí tedes algunhas imaxes.







domingo, 11 de junio de 2023

VISITAS A OUTRAS BIBLIOTECAS

 As visitas fóra da escola a outras bibliotecas está frecuentemente no noso programa. Así, este curso as nenas e nenos de E. Infantil visitaron a biblioteca de Anxel Casal e a Ludoteca do noso barrio. 



PROXECTO CREATIVO INSPIRADO NAS OBRAS DE HERVÉ TULLET


A biblioteca da nosa escola contribúe todos os cursos á realización de proxectos educativos que abranguen todas as áreas do currículo.

En E. infantil desenvolveron unn proxecto en torno ás obras de Hervé Tullet.

Aquí podedes ver un pequeno vídeo.

E no noso RECUNCHO CREATIVO ten un lugar:



jueves, 18 de mayo de 2023

lunes, 15 de mayo de 2023

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

 Esta mañá, Vero Rilo deleitou á rapazada de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria cos seus contos.



MERCATROCO

 Como en anos anteriores as nenas e nenos cambiaron os libros que xa non usan nas súas casas por "fontiños" (billetes) e deste xeito poideron intercambiar por outros libros.


Esta actividade, organizada polo noso equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca, foi desenvolvida no día de hoxe dentro do programa de actividades en torno á data das Letras Galegas.


DEPORTE TAMÉN NA BIBLIOTECA

 Dous xogadores do equipo de baloncesto Obradoiro pasaron pola escola e falaron coas nenas e nenos na biblioteca, mesmo asinaron autógrafos.




viernes, 12 de mayo de 2023

O ACIBRO DO XARDÍN DA BIBLIOTECA

 Estamos a acondicionar mellor o xardín interno da biblioteca para aproveitalo o mellor posible. Cando estea rematado veredes o bonito que é.

De momento, quedádevos con esta marabillosaa imaxe do noso acibro. Está cheíño de froitos verdes, que se poñerán vermellos. Ten tantas boliñas que sse augura un frío inverno!



O DÍA DAS NOSAS LETRAS ESTÁ AO CAER!

 Xa estamos a anunciar a nosa semana cultural. 

Durante esa semana faremos varias actividades, xunto do Departamento de Dinamización lingüística, como o MERCATROCO ANUAL ou a GALIÑA AZUL.

Terémosvos indormados/as.







GARDAS FORESTAIS NA BIBLIOTECA

Á nosa escola chegaron os forestais, que na biblioteca impartiron unha charla para os máis cativos.


Un ratiño despois, no patio, descargaron unha motobomba e ensináronnos como facer en caso de lume.
Mesmo meteron o camión e poidemos subir a el!!!



 

CONCERTO DE MIGUELI

 Tamén celebramos concertos na nosa sala de biblioteca. Neste caso, o músico Migueli para o alumnado de Primaria.



CONTACONTOS NA BIBLIOTECA


 O alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu a unha sesión de contacontos con Benxamín, que os deleitoou co seu bote máxico.


domingo, 23 de abril de 2023

23 de abril: DÍA DO LIBRO

 Hoxe celebramos unha data importantísima para a nosa Biblioteca e todas as do mundo. O Día Internacional do Mundo ten moito que celebrar xa que as nosas nenas e nenos e xóvenes están a medrar cada ano como lectoras e lectores. Parabéns!


Na nosa escola o alumnado de Primaria leu aos máis pequenos e pequenas moitos contos da nosa biblioteca.





sábado, 22 de abril de 2023

CHARLA DE ASANOG NA BIBLIOTECA

ASANOG, Asociación de Apoio a Nenas e Nenos Oncolóxicos de Galicia, veñen de dar unha charla para alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria na sala da Biblioteca do noso centro, coordinada polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.
Aquí tedes unhas imaxes da interesante actividade, que pretende difundir unha necesidade de información na vida da nosa comunidade educativa.