jueves, 18 de mayo de 2023
lunes, 15 de mayo de 2023
MERCATROCO
Como en anos anteriores as nenas e nenos cambiaron os libros que xa non usan nas súas casas por "fontiños" (billetes) e deste xeito poideron intercambiar por outros libros.
DEPORTE TAMÉN NA BIBLIOTECA
Dous xogadores do equipo de baloncesto Obradoiro pasaron pola escola e falaron coas nenas e nenos na biblioteca, mesmo asinaron autógrafos.
viernes, 12 de mayo de 2023
O ACIBRO DO XARDÍN DA BIBLIOTECA
Estamos a acondicionar mellor o xardín interno da biblioteca para aproveitalo o mellor posible. Cando estea rematado veredes o bonito que é.
De momento, quedádevos con esta marabillosaa imaxe do noso acibro. Está cheíño de froitos verdes, que se poñerán vermellos. Ten tantas boliñas que sse augura un frío inverno!
O DÍA DAS NOSAS LETRAS ESTÁ AO CAER!
Xa estamos a anunciar a nosa semana cultural.
Durante esa semana faremos varias actividades, xunto do Departamento de Dinamización lingüística, como o MERCATROCO ANUAL ou a GALIÑA AZUL.
Terémosvos indormados/as.
GARDAS FORESTAIS NA BIBLIOTECA
CONCERTO DE MIGUELI
Tamén celebramos concertos na nosa sala de biblioteca. Neste caso, o músico Migueli para o alumnado de Primaria.
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
O alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu a unha sesión de contacontos con Benxamín, que os deleitoou co seu bote máxico.