domingo, 23 de abril de 2023

23 de abril: DÍA DO LIBRO

 Hoxe celebramos unha data importantísima para a nosa Biblioteca e todas as do mundo. O Día Internacional do Mundo ten moito que celebrar xa que as nosas nenas e nenos e xóvenes están a medrar cada ano como lectoras e lectores. Parabéns!


Na nosa escola o alumnado de Primaria leu aos máis pequenos e pequenas moitos contos da nosa biblioteca.





sábado, 22 de abril de 2023

CHARLA DE ASANOG NA BIBLIOTECA

ASANOG, Asociación de Apoio a Nenas e Nenos Oncolóxicos de Galicia, veñen de dar unha charla para alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria na sala da Biblioteca do noso centro, coordinada polo Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.
Aquí tedes unhas imaxes da interesante actividade, que pretende difundir unha necesidade de información na vida da nosa comunidade educativa.




 

NAIS E PAIS CONTACONTOS

 Nestas datas, o alumnado de E: Infantil está a recibir a visita de nais e pais (mesmo outros familiares),  para contarlles marabillosos contos. Contos, libros, narracións de tradición oral...




Aquí tedes un pequeno vídeo como mostra de tan marabillosa actividade.
Moitas grazas a todas as familias!!!
Agardámosvos en próximos cursos.