martes, 31 de mayo de 2022
FIN DE CURSO PARA AS MOXILAS VIAXEIRAS
jueves, 26 de mayo de 2022
MÁIS CONCIENCIA PARA SALVAR O PLANETA
O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias da nosa escola coordinou unha actividade desenvolvida durante esta semana na nosa biblioteca.
O alumnado de 5º e 6º tomou boa nota de todo e mesmo participou en xogos a fin de reflexionar sobre este importante problema.
Unha vez máis...coidemos o noso planeta xa que...NON HAI PLANETA B!!!
lunes, 23 de mayo de 2022
ASÍ SE FAI...
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
sábado, 21 de mayo de 2022
MERCATROCO DE LIBROS
Esta semana fomos todos e todas ao mercado! Os equipos de Dinamización da Lingua e Biblioteca organizaron un mercado de cambio de libros, con varios postos para todas as idades.
Todo isto para festexar, dentro da nosa semana cultural, a importancia dos libros e das letras.
Un éxito de mercatroco!
martes, 17 de mayo de 2022
OS MAIOS
FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!
AGARDANDO OS OVOS
A nosa galiña azul xa está agardando polos ovos!
Os ovos teñen palabras fermosas escritas en galego.
Veremos cal é a elixida este curso.
sábado, 14 de mayo de 2022
MERCATROCO
Xa están preparados os cartos, billetes chamados "Fontiños", para intercambiar por libros que traemos das nosas casas. É unha actividade na que teremos un mercado de libros para intercambiar.
viernes, 13 de mayo de 2022
PREPARACIÓN DA SEMANA CULTURAL
Xa estamos a preparar a nosa semana cultural, que terá lugar do 16 ao 20 de maio, con actividades e talleres, exposición de traballos do alumnado, conmemoracións, un concurso, un mercadillo...
Conmemoraremos o día das Nosas Letras, a poesía, o día dos libros...
Os equipos de Dinamización lingüística e Biblioteca traballan cóbado con cóbado para que resulte productiva para toda a comunidade educativa.
miércoles, 11 de mayo de 2022
EXPRESIÓN NA BIBLIOTECA
A biblioteca tamén supón un lugar axeitado para expresarse artísticamente. Aquí vemos ás nenas e nenos de 4 anos en plena faena artística.
TEATRO
O teatro está presente na nosa escola durante todo o curso, en todos os niveis.
É unha actividade sempre motivadora e que favorece as aprendizaxes. Podemos ver aquí exemplos:
A clase de lingua inglesa, neste caso do nivel de 2º de Primaria, representou a obra The three goats and the Griffin.
sábado, 7 de mayo de 2022
OUTRA VISITA Á LUDOTECA
A rapazada de Infantil de 5 anos da nosa escola visitou a Ludoteca do barrio, o Espazo educativo e de lecer María Miramontes. Aquí podedes ver algunhas imaxes, que falan por sí soas.
jueves, 5 de mayo de 2022
TOUPICIENCIA
Toupiciencia é o título da representación celebrada na biblioteca no día de onte, á que asistiron as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria.
A representación combinou monicreques, teatro, ciencia, humor...
Aquí vedes uns momentos